![mamoa[1].louredo.6 - copia](http://asombradebouzapanda.files.wordpress.com/2009/06/mamoa1-louredo-6-copia.jpg?w=253&h=300)
Informe da Xunta de Galicia sobre a, hoxe desaperecida, mámoa de Louredo
O compañeiro Calros Solla amosa no seu blog unha pequena mostra do que que está a acontecer nas terras do monte comunal de San Martiño de Salcedo que foron ocupadas pola base da Brilat de Figueirido. Un enxebre exemplo de integración de petroglifos galaicos, con reproducción de aldea afgana —seica a moda do bloque tamén chegou a terras pastunes— campos de tiro, reforestación australiana e autoestradas forestais de xabre e broza.
http://oembigodobecho.blogspot.com/2009/06/golablizacion-galega-de-petroglifos.html

Reprodución de aldea afgá construída pola BRILAT no lugar onde se localizaba a mámoa de Louredo.
Desgraciadamente, a mámoa que existía nestes terreos non puido ser fotografada pois o exército —sempre ansioso de conserva-lo patrimonio e a cultura— decidiu ilegalmente destruíla para face-lo seu campamento afgano de playmobil. Iso, pese á teórica protección legal á que debe estar sometido o noso patrimonio arqueolóxico.
Pero claro, para respectar esas cousiñas primeiro hai que ter un mínimo de cultura e despois ter un aquel de valores democráticos que che leven a respecta-las leis que nos afectan a todos. Coido que os militares que dirixen a Brilat carecen de ámbalas dúas cousas, cando menos. Pero para ser xustos coa xestión da Brilat, cómpre dicir que con 15 hectáreas de monte común usurpado e ocupado era moi difícil atopar outro lugar para construí-lo seu decorado estilo Bin-Laden que non fose enriba dun monumento megalítico de 5000 anos de antigüidade.
E mentres tanto, pregunto eu… Que fai patrimonio mentres se atenta e se fai desaparece-lo noso patrimonio arqueolóxico? Que fan aqueles cuxa obriga e traballo e velar pola conservación do patrimonio e evitar que atentados coma estes se produzan?
Non quero ser mal pensado pero coido que a este ritmo de traballo, responsabilidade e dilixencia van quedar sen unllas de tanto raña-los collóns.
Hai uns meses, noutro artigo neste mesmo blog, comentaba que o monte é noso, dos veciños de Salcedo, porque aquí estaban os túmulos dos nosos devanceiros, as tumbas dos nosos mortos. Quizais esa sexa a nova estratexia militar, eliminar tódalas pegadas que nos vinculan á nosa terra, ó noso hábitat e á nosa cultura para así poder botarnos fóra e face-lo lles pete. Pois ben, poden destruí-las mámoas dos nosos antergos, poden esnaquiza-los petroglifos das xentes que aquí viviron e viven dende hai milleiros de anos, poden botar a tiros ás mouras encantadas que habitan na laxa da serpe, poden impedirnos coas armas que explotémolos nosos recursos naturais, pero non van conseguir nada, xamais van vencer ó pobo libre e soberán porque estamos armados coa razón, porque temos corazón, forza, unión e folgos para loitar, porqué nós si cremos na democracia, na xustiza e na liberdade e porque o monte foi, é e será noso sempre.
Venceremos nós!!

Campo da Muimenta, hoxe arrasado polas obras da BRILAT. Esta campa, ó igual que o lugar da Muimenta, tomaron, posiblemente, o seu nome da mámoa de Louredo, antiguo monumento (moimento) funerareo.
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009062900_15_343193__Portada-de-Pontevedra-Centenares-vecinos-protestan-contra-obras-Brilat-montes-Salcedo
http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/06/29/0003_7815808.htm
http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/34437.html
Arquivado en: 06. OPINIÓN, DEBATE E DENUNCIA











