Recupero este video da reportaxe emitida pola TVG co gallo da charla e concerto didáctico sobre ritmos e instrumentos tradicionais galegos que impartimos Toño Vázquez, Francisco Sutil e un servidor en novembro do 2006 para os alumnos do CEIP Cabanas de Pontevedra. O obradoiro forma parte das actividades culturais e divulgativas que poñemos en marcha dende a Asocicación Cultural Os Chichisos.
Arquivado en: 01. ETNOGRAFÍA,08. PRESENTACIÓNS, CHARLAS E CONFERENCIAS,09. MULTIMEDIA,Uncategorized











