Documental “SETE CAMIÑOS. Encrucillada do tempo”
SINOPSE:
O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é unha proposta que pretende poñer en valor o importante e rico patrimonio natural, cultural e paisaxístico do contorno dos Sete Camiños, o Monte do Pornedo e o Monte do Catadoiro. É un espazo que conforma unha unidade natural que abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán, en Pontevedra e San Xulián, en Marín. O documental Sete Camiños. Encrucillada do tempo pon voz e imaxes a este proxecto que supón unha nova estratexia colectiva que aposte por unha xestión sostible dos nosos montes e recursos, pola conservación e posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial e por unha visión a longo prazo para garantir unha digna herdanza natural e cultural para as xeracións futuras. Só así será posible a creación deste espazo natural e arqueolóxico, só así terán un futuro viable os nosos montes e a nosa propia cultura.
FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía e Lukas Santiago
GUIONISTA: Rafael Quintía e Lukas Santiago
REALIZACIÓN: Lukas Santiago e João Bieites
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións.
FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración con Faro de Ons Producións.
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “SETE CAMIÑOS. Encrucillada do tempo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Arqueológico, etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 43 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
——————————————————————————————–
Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
SINOPSE:
“Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal —verdadeira e única fonte de subsistencia para moitas xeracións de galegos— e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.
FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIONISTA: Rafael Quintía
REALIZACIÓN: João Bieites,
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 87 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
——————————————————————————————-
Documental “MONTE DO SEIXO. A Montaña Máxica”
SINOPSE:
Nesta produción do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca óllase para o Monte do Seixo como unha montaña totémica, da fertilidade, das encrucilladas e do alén. O documental confórmase coma unha viaxe polas lendas, os ritos e as estacións míticas que agocha esta máxica montaña da nosa xeografía sagrada. O traballo audiovisual, asemade, fai unha denuncia da destrución paisaxística, arqueolóxica e etnográfica que supuxo a construción do parque eólico que hoxe coroa os cimos do Seixo.
FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: João Bieites, Rafael Quintía e Calros Solla
GUIONISTA: Calros Solla
PRODUCIÓN: Grupo de Estudos Etnográficos SERPE BICHOCA
FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Grupo de Estudos Etnográficos SERPE BICHOCA
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “MONTE DO SEIXO. A Montaña Máxica”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2009
DURACIÓN: 125 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
——————————————————————————————-
Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”
SINOPSE:
Os Chichisos en compaña dunha trintena de nenos recrean nesta curtametraxe documental a tradición, antano habitual nas nosas festas de Nadal, de ir cantar polas casas a Noite de Reis. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia interpretando os cantos de reis, unhas fermosas pezas da nosa literatura popular transmitidas oralmente ó longo dos séculos. A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.
FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía e João Bieites
GUIÓN: Rafael Quintía e Xosé Feijóo
PRODUCIÓN: Asociación Cultural Os Chichisos
REALIZACIÓN: João Bieites
FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Asociación Cultural Os Chichisos
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”
TIPO: Curtametraxe documental
XÉNERO: Etnográfico
Produción propia realizada a cor
ANO: 2012
DURACIÓN: 8 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego

















