• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • A LINGUAXE DAS CAMPÁS. ETNOGRAFÍA DOS SINOS

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 117,273 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

O MEU MESTRE DE GAITA

1c2ba-maio-ugt-019

O meu mestre de gaita ten salitre nas veas e un punteiro na alma. O meu mestre de gaita criouse na beira do mar de Marín, temperado no orgullo dun mundo mariñeiro e na bravura dunha terra peninsular, xogando entre as redes e as patelas, brincado entre as penas que un mar eterno labrou.

O meu mestre de gaita ten o carácter da mar atlántica que fende as penas e bica a area. Pasa da tormenta á mar calma coma quen camiña seguro pola fina liña que marca o amor e a paixón polo que fai. Por iso non se lle ten en conta aínda que ás veces me faga ferve-lo sangue, mais iso tampouco é moi difícil nun arroutado coma min…

O meu mestre de gaita non gusta de eloxios, de homenaxes e de falsos amigos que adoitan gabar segundo o vento que sopre. Os centos de alumnos que formou, os anos entregados á nosa música tradicional, os quilómetros percorridos por corredoiras e camiños lamacentos baixo sol e choiva, de aldea en aldea e de festa en festa son as súas merecidas medallas que penduradas no seu chaleque de gaiteiro hónrano como mestre e como persoa.

O meu mestre de gaita nunca di “ben tocado” mais sabemos que no fondo está orgulloso de nós aínda que non deamos todo o que el nos pide. De cando en vez agasalla a concorrencia cunha presiña de chistes e contos que coma picados, trinos e batementos inzan o aire de risas e festa. Chistes bravos vernizados de gheadas e seseos mariñeiros que só el pode contar como el conta.

O meu mestre de gaita ten un carácter de manda carallo e non gusta de alagos, non, pero agora vaise foder porque o meu mestre de gaita é o meu amigo e eu ós meus amigos chámoos polo nome: Xulián Carabelos, de Mogor, gaiteiro, mestre e amigo.

Ata o luns,

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: