Daily Archives: 19 Xuño 2009

A PEDRA DA PEZOÑA E OUTRAS PEDRAS SANDADORAS DA CULTURA POPULAR GALEGA

TRABALLO PUBLICADO NA REVISTA DE GALICIA ENCANTADA

Visítese:
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=13&id=1555

TÍTULO: A pedra da pezoña e outras pedras sandadoras da cultura popular galega.
AUTOR: Rafael Quintía Pereira.
Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca
ISSN 1887-2859
__________
Resume:
Magnífico artigo sobre as pedras-amuleto (amuletos minerais) que preveñen ou combaten o mal, e a súa importancia na cultura popular galega: pedra da pezoña, pedras feitas, pedras do trono ou pedras do raio, pedra da serpe e pedra da cobra, carbuncos, pedra corvina, pedra bezoar e pedra caimán, pedra alidoña, pedra do lince ou lincurio, pedra do leite, ollo de boi vidal,Ollo de Bouciga e pedras furadas, pedra do sangue, maclas e cruz de santo André, cantacucos, pedras borneiras, pedras da fartura e endegos.

APLICACIÓNS CURATIVAS DO ALICORNIO

SDC10575
TRABALLO PUBLICADO NA REVISTA GALICIA ENCANTADA

Visítese :
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1524

TÍTULO: Aplicacións curativas do alicornio na medicina tradicional galega.
AUTOR: Rafael Quintía Pereira.
ISSN 1887-2859
__________
Resume:
Traballo que trata sobre a orixe do mito do Alicornio, o uso, aplicacións e os rituais asociados na medicina tradicional de Galicia.

WELCOME TO IRELAND

53
3 razóns para visitar Irlanda

58
Comparti-la música nacida dun alma celta común293
Unha conversa cos amigos ó calor do pub165
Unha pinta e unha historia ó carón do lume antergo, Sláinte!!

(Fotografías: arquivo da A.C. Os Chichisos)

DIGNIDADE GAITEIRA

Como cada ano, cando chega o verán a nosa terra énchese de festas e romarías, e con elas o son das gaitas volve soar por camiños, corredoiras, adrios, prazas e rueiros. Non hai acto festivo que se digne de selo que non conte co seu respeitivo grupo de gaiteiros. E como cado ano, volveremos presenciar exemplos de tratos indignos, de menosprezos e de fallas de respecto hacia aqueles que son depositarios e transmisores da nosa música máis tradicional e auténtica, contra aqueles valedores da música da alma do pobo galego. Por eso, como cada ano, cómpre lembra-lo chamamento pola dignidade dos gaiteiros que o grupo de música tradicional Os Chichisos fixo no seu día. Así que velaí vai ese chamamento gaiteiro, que rule, que se difunda, que sirva para algo e lembrade Non sen o noso nome!!

DSC_2618
Cadro de F. Sutil

Os Chichisos FAN UN CHAMAMENTO ÓS GAITEIROS GALEGOS, POLA DIGNIDADE DOS GAITEIROS E DOS MÚSICOS TRADICIONAIS:
“NON SEN O NOSO NOME”

Este é un chamamento a tódolos gaiteiros do país, ós bardos da Tribo Aturuxo, á confradía do bombo, do tamboril e da gaita, á voz do pobo e da nosa alma.
Un chamamento para que calen tódalas gaitas da Nazón de Breogán namentres os gaiteiros da nosa terra non reciban o trato digno que merecen.

Un berro ós nosos irmáns do fol para que se neguen a tocar en toda festa, romaría ou foliada onde non apareza dignamente recollido no cartel da festa o seu nobre nome de gaiteiros.

Rematemos co anonimato no país das gaitas. Xa o dicía o mestre don Ricardo Portela, igual que figuran o nome das orquestras ou dos patrocinadores ten que aparece-lo dos gaiteiros; e se non, non tocamos.

Estamos fartos de escoitar nos medios, de ler nos xornais ou de ver nos carteis de festas frases de menosprezo como “actuará un grupo de gaitas”, “haberá animación musical”, “tocarán uns gaiteiros” ou “haberá música de gaitas”. Non admitamos este degradante xeito de referirse á respectable actuación dun grupo de músicos tradicionais cun nome propio e un traballo, esforzo e ilusión detrás dese nome.

Como di o noso himno; os tempos son chegados e agora que chega o verán e o país estoupa en milleiros de festas é o momento de que digamos NON.

NON sen o respecto que merece todo músico tradicional, NON sen o trato digno que se lle debe á nosa música, NON mentres o traballo do gaiteiro non sexa recoñecido como merece selo a figura máis representativa da nosa cultura e da nosa Terra. NON tocaremos se non figuramos no cartel. Irmáns da gaita, compañeiros da foula e a brincadeira, fillos da noite no muíño, pola dignidade da nosa música berremos sen medo:

NON SEN O NOSO NOME!!!

A %d blogueros les gusta esto: