Aquela tenda

Pechou a tenda de Carmucha
e abriron un deses Carrefours.
Pero alí xa non venden Cropáns,
nin sobres de azafrán en caixiñas feitas de cortiza.

Alí non botan serraduras no chan os días de choiva
Nin fan as contas en anacos de cartón e de papel de estraza.
Eles apúntanche todo en tarxetas de plástico
e déixanche carros grandes coma mundos
para enche-lo noso mundo baleiro.

Eles son rápidos, modernos e listos.
Eles van cos novos tempos que corren.
Disque teñen de todo
e saben o que lle gusta á xente.

Pero iso non é certo
Porque o que non saben
é que naquela tenda se vendía tempo,
tempo para falar e tempo para vivir.

 

Rafael Quintía

Extraído do poemario “Á sombra de Bouza Panda. Poemas de trincheira e maldizer”

Advertisements

Unha resposta

  1. Canta razón tes, en Postemiron tiñamos tamen unha desas tendas “A de Celso”, que tamen tiña Bar.
    Inda e hoxe que me lembro dese cheiro tan peculiar desas tendas, onde se mesturaba o aroma das verduras, o cheiro do pemento , que o tiñan nun cacharro de 5 kilos, e vendíancho nun anaco de papel, aquel cheiriño a arenques salados, unha combinación de aromas inesquecible.
    E o mellor de todo, coa volta que sobraba de comprar o pan e o aceite e algo máis, comprabas un cropán, jaja

    Saúdos e Recordos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: