Monthly Archives: Febreiro 2010

O NOSO APOIO A PEPE EL FERREIRO

Vimos de contemplar recentemente a incompresible destitución de Pepe El Ferreiro como director do museo etnográfico de Grandas de Salime (Asturies), que el mesmo fundou a base de esforzo, traballo e cartos propios para goce de todos nós. Seica a voluntariosa e desinteresada obra deste home, o seu labor durante tantos anos traballando en prol da recuperación da cultura tradicional asturiana e os seu magnos coñecementos etnográficos xa non son de interese para o consorcio de xestión do museo ou para o fato de politicuchos de quenda. Tamén pode ser que as opinións dun home franco e libre lle molesten a algún, e xa se sabe cales son os métodos mafiosos e caciquís ós que nos teñen acostumados esta nova clase de neofascistas que tanto abundan hoxe en día no noso país, e neste caso non me refiro só a Galicia. O que fixeron con Pepe El Ferreiro non é un simple acto de inxustiza –concepto moral e ético que algúns non chegan a entender—, non é un problema que afecte só á cultura popular asturiana, é un atentado contra tódolos que amamos e loitamos por recuperar e conservar o tesouro etnográfico das nosas culturas tradicionais, da substancia esencial do noso ser como pobos. É un acto premeditado de etnocidio cultural contra tódolos que pensamos que un pobo sen coñecemento do seu pasado, sen cultura e sen orgullo de ser o que é, non ten futuro. Como vos digo, esta é unha noticia dobremente triste e dobremente frustrante. Primeiro, polo feito en si da vileza da destitución e, segundo, porque aqueles que víamos para a irmá Asturies como un modelo a seguir no traballo de recuperación, posta en valor e fomento do patrimonio cultural e natural vemos que tamén alí prende a semente da senrazón e da barbarie. E iso, compañeiros, é moi duro, moi duro…

Transcribimos a continuación a nota de prensa denunciando a destitución de Pepe, e dende aquí amosamos todo o noso apoio á súa persoa e ó seu traballo e esiximos a súa inmediata readmisión como director do museo etnográfico de Grandas de Salime. FORZA E ÁNIMO PEPE, ESTAMOS CONTIGO!!

Nota de Prensa. 31-1-2010

Ante la situación en la que se produjo el cese de José Naveria Escanlar “Pepe El Ferreiro” como director del Museo Etnográfico de Grandas de Salime, un grupo de Asociaciones crean la PLATARFORMA DE APOYO A PEPE EL FERREIRO. Integrada por 49 Asociaciones, entidades Culturales y Museos.
Reunidos en Grandas de Salime en Asamblea Asociativa acuerdan:

Mostrar públicamente su reconocimiento a la intachable labor humana de Pepe El Ferreiro al frente del Museo Etnográfico de Grandas de Salime, en la dignificación del medio rural y la cultura de los pueblos y la creación de tejido social en nuestra región.
Reprobar la decisión del Consorcio para la Gestión del Museo de Grandas del cese a D. José Naveiras Escanlar “Pepe el Ferreiro” como director del mismo.
Solicitar al Consorcio para la Gestión del Museo de Grandas de Salime la readmisión de Pepe en su cargo de director.
Así mismo acuerdan la estrategia a seguir para canalizar la inquietud de la sociedad civil y trasladarla a las entidades competentes.

Grandas de Salime, 31 de enero de 2010

Área de Comunicación
Plataforma de Apoyo a Pepe El Ferreiro

MOSTRA O TEU APOIO A PEPE EL FERREIRO:

http://apoyoapepe.blogspot.com

http://yoapoyoalferreiro.com

http://josenaveiras.blogspot.com/
apoyoapepe@gmail.com

PÁXINA DO MUSEO ETNOGRÁFICO FUNDADO POR PEPE EL FERREIRO:
http://www.museodegrandas.com/

A %d blogueros les gusta esto: