• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • A LINGUAXE DAS CAMPÁS. ETNOGRAFÍA DOS SINOS

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 117,232 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS


O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é unha iniciativa que apoian preto dunha vintena de colectivos socioculturais e veciñais de Pontevedra, Marín e Vilaboa, máis un grupo de arqueólogos que avalan a súa posta en marcha. É unha proposta que pretende pór en valor o importante e valioso patrimonio natural e arqueolóxico da zona.

Este espazo estaría situado no contorno do Couto do Pornedo e dos Sete Camiños, no monte comunal das parroquias de Lourizán e de Salcedo, no Concello de Pontevedra, e no de San Xulián de Marín de Arriba, no Concello de Marín. Así pois, este espazo está dividido entre dous concellos: Marín e Pontevedra; e tres parroquias: San Xulián, Lourizán e Salcedo. Pero hai que ter presente que conforma unha unidade natural.

Neste espazo, cunha área relativamente pequena, atopamos concentrados toda unha serie de xacementos arqueolóxicos e outros elementos que forman parte do noso patrimonio natural e cultural.

Dentro do patrimonio arqueolóxico cabe sinalar a presenza de varias mámoas e petróglifos.

En canto ás mámoas, trátase das dúas mámoas de Chan da Lagoa (GA 36038039, nº 1 e nº 2); e a mámoa do Catadoiro (GA 36038037); ás que se sumaba a mámoa de Louredo (GA 36038060), recentemente destruída. A estas hai que sumar outras posibles novas mámoas que estan sin catalogar, como o túmulo da Campana, que aparece mencionada no Estudo de Impacto Ambiental da Liña de Alta Tensión Lourizán – Cangas do 2003, así como unha nova mámoa que apareceu na Prospección de dita liña. Estes cinco xacementos poden considerarse un conxunto, pois son da mesma natureza, túmulos funerarios de época megalítica; e concéntranse nun área reducida (menos de dous km en liña). A súa vez, forman parte do conxunto máis amplio que constitúe o campo de mámoas de Domaio, que ten en Chan de Armada (Marín) e Chan de Arquiña (Moaña) os seus máis coñecidos expoñentes; xa que xeográficamente sitúanse nunha das estribacións desta serra.

Ademais disto, temos o Conxunto de gravados rupestres do Pornedo, no límite dos concellos de Marín e Pontevedra; o Petroglifo de Sete Camiños, e o Conxunto de gravados rupestres de Pinal do Caeiro, ambos en territorio marinense; e o Conxunto de gravados rupestres do Regato dos Buracos, na parroquia de Salcedo.

Tamén podemos mencionar o Abrigo Rochoso de Catadoiro, probablemente do Paleolítico, na parroquia de Lourizán.

A isto debemos engadir dentro deste espazo natural, diferentes formacións xeolóxicas de interese, así como dous miradoiros naturais privilexiados pola súa vista panorámica sobre a ría. Un é o de Pornedo e outro o Mirador Natural do Monte Catadoiro.

A zona do Monte do Pornedo e Os Sete Camiños constitúe un espazo privilexiado, de singular relevancia natural e patrimonial. Esta área, que forma parte da Serra de Domaio, está chamada a convertirse nunha zona de esparcimento dos Concellos de Pontevedra; Marín e Vilaboa, unha extensión natural do Parque da Lagoa de Castiñeiras, que pode chegar a ser un importante referente, que axude a enriquecer, fortalecer e diversificar a oferta cultural e turística da comarca. A proposta de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños representa unha alternativa viable para convertelo nun referente identitario para a comunidade local ademais de constituír un recurso social e economicamente rendible; destacando a necesidade de conservar, estudar e difundir este espazo pola súa importancia patrimonial, polo valor didáctico e polo poder identitario das pegadas deixadas na paisaxe polos nosos devanceiros.

Comisión Técnica do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños
Paz Castro
Xornalista
Rafael Quintía
Economista e investigador do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca
Lukas Santiago
Realizador e Arqueólogo
David Suárez
Especialista en Multimedia

Máis información na web: http://www.espazosetecaminhos.tk/

Aquí tendes un pequeno video de presentación do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: