• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 113,341 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

O MAGOSTO

“O MAGOSTO”

Estamos no tempo da castaña, e con elas chega a festa do magosto. A celebración dos magostos é unha das máis antigas tradición galegas. Esta festa coincide coa época da recollida da castaña polo que, entre outros aspectos, ten un carácter de agradecemento da colleita recibida. Pero o magosto tamén ten un simbolismo de festa dedicada ós nosos defuntos, non por nada a súa celebración coincide co mes de Santos. Polo San Martiño, no mes de outubro, as castañas xa maduras empezan a abri-los ourizos e a caer ó chan. A estas primeiras castañas en caer chámanlle nalgunhas zonas do interior “as do engazo”, xa que son recollidas co engazo ou angazo. Comeza entón a época dos magostos en Galicia. Esta celebración simbólico-culinaria cínguese normalmente ás datas comprendidas entre o 1 de novembro —Día de Tódolos Santos— e o 11 de novembro —festividade de San Martiño—, aínda que tamén se poden celebrar nos días anteriores ou posteriores a estas datas ou mesmo dende mediados de outubro ata mediados de novembro.

A etimoloxía da palabra magosto non está clara. Para algúns lingüistas esta denominación viría do latino Magnus-ostus, Magnus Ustus ou Magum Ustum co significado de grande lume, grande queima ou montón queimado, significados todos eles que fan referencia o significado do lume nesta celebración.

Respecto á orixe desta antiquísima festa tampouco se sabe a ciencia certa de onde ven pero parece innegable que existen conexións con outras festas do lume, xa sexan as fogueiras que se facían en Galicia na Noiteboa e no Nadal ou as celebradas nos días de San Silvestre e de San Xoán. Aínda que as datas non coinciden, para algúns investigadores, os magostos tamén poderían estar relacionados coas celebracións propias da festa celta do Imbolc, festa dedicada ó lume. Mais o elemento do lume é algo común ás catro festas do calendario celta e o significado do magosto vai máis alá do significado ritual que o lume poida ter nesta festa, polo que de estar relacionado con algunha antiga festividade celta esta debería se-lo Samaín. No Samaín —1 de novembro, datas de celebración do magosto— conmemórase o comezo do ano novo, o lume tiña unha presenza significativa, era unha noite liminal na que os mortos visitaban o mundo dos vivos e os defuntos achegábanse á súas casa na procura do calor do lume. Todos estes aspecto consérvanse no magosto polo que a conexión parece clara. Son moitos os aspectos que relacionan esta festa das castañas co mundo dos mortos. O primeiro é a coincidencia dos magostos coas datas do mes de Santos: Noite de Defuntos, Día de Tódolos Santos, o que xa que confire un carácter de festividade asociada á morte ou á lembranza dos defuntos. O portugués Leite de Vasconcelos consideraba ó magosto como un vestixio dun antigo sacrificio en honor dos mortos e refire que en Barqueiros era tradición preparar, a media noite, unha mesa con castañas para que os defuntos da familia fosen comer; ó día seguinte ninguén tocaba esas castañas pois se cría que estaban “babadas dos defuntos”. A miña propia tía avoa contoume como na Noite de Defuntos, na parroquia de Salcedo, no se recollía a mesa tra-la cea para deixarlle algo de comer ós defuntos que nos viñan visitar. Nos magüestus asturianos adoitábase deixar as castañas que sobraba para que as comeran os defuntos.

No magosto conflúen tres elementos principais: as castañas, o viño e o lume. As veces estas festas acompáñanse doutro tipo de viandas da terra como os chourizos, o pan, etc. Son moitas as crenzas tecidas ó redor dos magostos así, por exemplo, hai quen cre que cada castaña que estoura no lume supón a liberación dunha alma encerrada no purgatorio. En canto ó seu aspecto simbólico, a castaña podería simboliza-la inmortalidade, ó ser un froito que provén dunha árbore de longa vida.

En Galicia era costume —e aínda o é en moitas aldeas de Ourense— durante estas celebracións mancharse a cara coa borralla do lume. Alexander Carmichael fálanos da celebración da festividade céltica do Samaín en Escocia durante o século XIX, e afirma que na véspera desta data se acendían fogueiras nos claros do bosque para a celebración dunha especie de xuntanza lúdica da que se volvía coa cara manchada pola borralla das cinzas da fogueira, práctica que buscaba simular unha aparencia fantasmal que asustase os veciños cando, xa entrada a noite, volvían para as aldeas. Curiosamente, é o mesmo costume que aínda se mantén na celebración dos magostos na nosa terra.

Nos magostos tamén era frecuente a realización doutros tipos de xogos como saltar por riba da fogueira para purificarse —como se fai na noite de San Xoán—, contar historias ou cantar e bailar.

Sexa como fose, a celebración do magosto é unha das tradicións máis antigas e significativas da cultura popular galega. Hoxe en día, pese a crecente urbanización e abandono do mundo rural, o magosto segue a representar unha oportunidade única para conectar coas nosas raíces, co noso pasado ancestral, cun mundo simbólico e cultural en constante cambio e coa cerna da nosa identidade como pobo. E por suposto, unha oportunidade única para gozar da que foi por séculos unha dos elementos imprescindibles da nosa alimentación, co froito rei dos noso bosques, a castaña.

 

Unha pequena mostra das festas que montan nos magostos de Ourense: Os Chichisos no magosto de A Bola

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: