Daily Archives: 22 Outubro 2010

XORNADAS AUDIOVISUAIS SOBRE PATRIMONIO

Hoxe día 22, ás 20.30h, Rafel Quintía e João Bieites, membros do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, participarán nas xornadas audiovisuais que sobre patrimonio está a organiza-la asociación Almuinha de Marín. Proxectarase o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica e falarase da recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial e material do Monte do Seixo. Proxecto, este, no que leva traballando a Serpe Bichoca dende hai 4 anos.

A %d blogueros les gusta esto: