Daily Archives: 29 Outubro 2010

PREESTREO DO DOCUMENTAL “SETE CAMIÑOS, ENCRUCILLADA DO TEMPO”

Hoxe, VENRES 29 A PARTIR DAS 20:30 HORAS, o local da Asociación Cultural ALMUINHA, en Marín (rúa Ezequiel Massoni, 63), acolle a presentación do proxecto ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS, co preestreo do documental SETE CAMIÑOS, ENCRUCILLADA DO TEMPO que recolle boa parte dos elementos da paisaxe e do patrimonio histórico e cultural que se atopan nesta zona, como argumentos para reivindicar a súa conservación e posta en valor.

O documental, dirixido por Lukas Santiago e Rafael Quintía, foi realizado conxuntamente polo Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, a produtora Faro de Ons e a inestimable colaboración da Comisión Técnica para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

A %d blogueros les gusta esto: