Monthly Archives: Outubro 2010

RODAXE DO DOCUMENTAL “SETE CAMIÑOS, ENCRUCILLADA DO TEMPO”

Dende o pasado mes de setembro estase a roda-lo documental SETE CAMIÑOS, ENCRUCILLADA DO TEMPO. Baixo a dirección e guión de Lukas Santiago e Rafael Quintía este traballo audiovisual tenta recolle-lo valioso patrimonio arqueolóxico, etnográfico e natural de parte do monte comunal das parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán e de San Xulián de Marín. O documental enmárcase dentro do traballo que a Comisión Técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños está a desenvolver coa intención de divulgar, protexer e pór en valor toda esta importante mostra do noso patrimonio cultural. A elaboración do documental conta coa inestimable realización de João Bieitez e co gran traballo do técnico en multimedia David Suárez, da xornalista Paz Castro e de Fran Currás.


A %d blogueros les gusta esto: