• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,200 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

REDESCUBERTA DOS PETRÓGLIFOS DESAPARECIDOS DE CACHADA DO VELLO

En recentes datas e por mor dun traballo de catalogación do patrimonio da parroquia de San Martiño de Salcedo (concello de Pontevedra), o que aquí escribe localizou os anacos esgazados da estación petroglífica de Cachada do Vello que, segundo as referencias bibliográficas, figuraban como desaparecidos (Véxase: García Alén, A. Peña Santos, A: “Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra”. Fundación Barrié de la Maza. A Coruña 1980).

Nunha saída de campo, e tras conseguir situa-lo topónimo que dá nome os petróglifos desaparecidos, procedín á inspección dos matos denominados Cachada do Vello, actualmente poboados por eucaliptos, piñeiros e monte baixo. No lugar localicei un único afloramento granítico (granito de gran fino de dúas micas), polo que, de existir os petróglifos, estes deberían de estar sobre estes penedos. O afloramento rochoso presentaba evidentes signos de traballo de cantería, o que viría a confirma-la desaparición dos devanditos petróglifos.


A observación de que as parcelas de Cachada do Vello se atopan rodeadas dun valado de pedra formado por grandes bloques de granito fíxome sospeitar da extracción in situ do material necesario para a elaboración deste pechado. A inspección detallada dos bloques do muro deu como feliz resultado o descubrimento dunha grande pedra granítica con fragmentos dos petróglifos.

Trátase de aliñamentos de cazoletas, o que coincide co descrito no seu día por M. Martínez Murgía na súa Historia de Galicia . A tipografía destes gravados, adscritos á Idade do Bronce, é similar á que se atopa nos petróglifos próximos de Outeiro da Mina.

Así mesmo, tras un novo estudo minucioso do afloramento granítico do cal se extraeron as pedras me foi posible localizar outro petróglifo, este aínda no seu emprazamento orixinal. Trátase dun deseño de círculos concéntricos que aproveita a feitura cónica dunha pedra granítica que sobresae do chan un metro aproximadamente.

A nova deste redescubrimento foi publicada en Fol de Veleno. Revista de Etnografía e Historia de Galiza. Agora tan só queda esperar que se tomen as medidas pertinentes para a recuperación e conservación destes valiosos petróglifos dados por desaparecidos ata hoxe en día.

Fotografías propiedade do autor do blog.

Advertisements

Unha resposta

  1. […] Logo de atravesar a simulación da aldea afgá construida pola Brilat, que provocou a destrucción da mámoa de Louredo, chegamos ao petroglifo de Cachada do Vello. Trátase dunha inscrición gravada nunha pedra que foi aproveitada como marco dun mato, motivo polo cal permaneceu ilocalizable durante anos, ata que en 2009 Rafa Quintía reparou na súa ubicación. […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: