MARCO DO VENTO, PEDRAFITA DUNHA ANTIGA FRONTEIRA ROMANA?

Exporemos neste artigo a posibilidade de que a pedrafita do monte do Seixo —o Marco do vento— sexa un marco delimitador da antiga fronteira romana que separaba o convento de Brácara Augusta do convento de Lucus Augusta.

A Gallaecia romana dividíase en tres conventos: convento Bracarense, convento Lucense e convento Asturense. A actual Terra de Montes ocupaba en tempos da romanización o territorio que sería o límite entre o antigo convento xurídico Lucense e o convento Bracarense. Segundo nos narra Plinio, o pobo que habitaba este territorio fronteirizo eran os cilenos ou celenos, que era o último pobo do convento Lucense e que tiña por capital, conforme ó que nos transmitiu Ptolomeo, a Aquae Calidae ou Aquae Celenae, posiblemente a actual Caldas de Reis. O convento Bracarense, segundo Plinio, comezaba ó acabar a terra dos cilenos. Os helenos habitarían ó sur da ría de Vigo, os presamarcos na zona Compostelá e os cilenos en medio. Polo tanto, este pobo cileno habitaría a zona interior de Pontevedra, entre o val do Ulla e o val do Verdugo, río que faría de fronteira natural entre ámbolos dous conventos. Estas son as terras onde se sitúa a Terra de Montes. Este autor cita como pobos celtas a Neros, Supertamaricos, Prestamarcos e Cilenos. Xa que logo, segundo as fontes histórica, os habitantes desta Terra de Montes pertencerían a etnia céltica. Pérez Losada propuxo uns límites preciso para esta populus:

Península de Arousa e Morrazo ó oeste, o río Ulla ó norte, Serra do faro ó leste e a propia fronteira inter-conventual ó sur: río Oitavén, río Verdugo e as serras do Cando e Testeiro.

Esto pon á serra do Cando —á que pertence o monte do Seixo— na posición de fronteira natural entre ambos conventos. Pero por onde discorría exactamente esa liña fronteiriza? Respecto ó carácter fronteirizo, de terra de todos e de ninguén, que, como santuario, presenta o Monte do Seixo atopamos unha interesante reflexión nun artigo datado en 1957 de Antonio Rodríguez Fraiz, historiador e Cronista oficial do concello de Forcarei-Terra de Montes, que transcribimos a continuación:

Sabida es la división que de Galicia hicieron los romanos. La discusión entre geógrafos e historiadores se halla en determinar los límites de ambos convenios jurídicos. Nos parece buena la de los que señalan que la jurisdicción de Brácara Augusta se extendía hasta el río Lérez —el Laeros de P. Mela—. De este sentir, entre otros, es D. L. Monteagudo, cayendo por lo tanto a las orillas de este río uno de los pueblos o ciudades que al decir de Plinio acudían a Braga en demanda de justicia. Era éste el de los “querquernos”, que de ser así, señalaríamos a Cerdedo como su capital, atendiendo a su raiz “querquetum”, país abundante en encinas; ésto, por lo que atañe a su raiz latina. Pero si nos atendemos a su raiz celta, que , según Murguía, le es más apropiada “gwernek”, que significa lugar en que hay álamos y también pantanos, significación ésta que nos da una imagen más exacta de Cerdedo, pues al confluir en la misma los ríos Lérez, el Cerdedo y el Seijo, en las márgenes de éstos el terreno se inunda con frecuencia, especialmente en invierno, con la crecida.

Esta sospeita de que a divisoria entre ámbolos conventos, Brácara Augusta e Lucus Augusta, se establecese en terra de Cerdedo converte ó Monte do Seixo en fronteira natural, en limes romano, perpetuándose así o valor simbólico da montaña como santuario fronteirizo, o que nos fai reflexionar sobre a data á que se pode remontar a reutilización do Marco do Vento ou Marco do Seixo como fito divisorio.

Sábese que algunhas pedras foron reutilizadas polos romanos como fitos demarcatorios. De igual xeito se fixo na Idade Media con mámoas, pedras e outros monumentos megalíticos e rupestres. Cóntanos López Cuevillas e Bouza Brey no seu estudio “La civilización neolítica gallega” como se fixaron os límites da Terra de Montes seguindo aquela máxima citada por André Pena de “Esta é a nosa terra porque aquí están os túmulos dos nosos mortos”:

Para fixa-los límites da histórica bisbarra podemos considerar coma punto máis septentrional as Mámoas de Boi Morto, na parroquia forcaricense de Meavía, preto do Coto do Espiño e do monte San Sebastián, xa na parroquia estradense de Olives. Polo sur, o punto extremo estableceríao o río Avia, no seu discorrer polas parroquias de Xirazga e Beariz. Ó leste, os lugares de Portomartiño e a Portela da Fenteira, en Lalín, constituirían o levante da Terra de Montes, e polo oeste remataría a comarca na Ponte do Cabo e na Ponte dos Carballos, ámbalas dúas ubicacións na freguesía de Santiago de Morillas (Campo Lameiro). A Terra de Montes é o berce de cinco ríos: Lérez, Umia, Deza, Avia e Verdugo.

Seguindo a mesma dinámica, o Marco do vento foi usado como marco de termo dos concellos que comparten a propiedade da montaña. Tamén intuímos, pola toponimia (Feira vella, regato da Anta, Portalén, etc.), pola mitoloxía asociada a este entorno xeográfico e polos estudos comparados, que o Marco do vento puido ser un megalito asociada a ritualidades, cando menos, precristiáns. Temos, xa que logo, o carácter ritual previo do monumento e temos o seu uso posterior como marco de termo. Esto permítenos aventura-la hipótese de traballo de que si o límite romano pasou polo monte do Seixo (Serra do Cando) esta pedra singular na paisaxe e con forte contido máxico-ritual puido ser reutilizada como marco fronteirizo. De igual xeito que se faría noutros lugares da Península Ibérica. Vexamos un exemplo significativo que nos sirva de elemento comparativo:

A monumentalidade do Marco do vento e a súa localización terminal é similar á do megálito madrileño coñecido como Pedra escrita. Esta pedra de 5 metros de alto por 4 de ancho con inscrición e unha ornacina marca un sacellum, santuario rural consagrado á deusa Diana, e é divisoria provincial romana e fito da fronteira oriental entre Lusitania e Citerior. Localízase no Val do río Alberche, ó sur das estibacións occidentais dos Montes de Toledo e no paso entre as zonas montañosas da serra de Guadarrama e Gredos e as chairas de Toledo. Unha localización e unha paisaxe fronteiriza como a que atopamos no lugar onde se ergue o Marco do vento. Non só existen as similitudes da localización paisaxísticas senón tamén na súa configuración morfolóxica e a súa situación nas fronteiras provinciais.

A vista destes datos, e dada a súa preeminencia na paisaxe, a súa situación fronteiriza no territorio por onde pasaría a divisoria interconventual, o seu valor simbólico e os exemplos doutros monumentos similares reutilizados como marcos demarcatorios romanos, é posible aventurar que este o noso Marco do Seixo fose reutilizado como fito demarcatorio da fronteira entre ambos conventos galaicos, Brácara Augusta e Lucus Augusta, Queda pois, lanzada a hipótese coa esperanza de que algún día o rexistro histórico, a historiografía ou novos achados arqueolóxicos poidan confirmar ou non esta sospeita.

Para saber maís sobre a Pedra escrita:
http://www.celtiberia.net/
http://www.galeon.com/iberiamagica/piedraescrita2.JPG&imgrefurl=http://iberiamagica.blogspot.com/2009/09/la-piedra-escrita

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: