Daily Archives: 26 Abril 2011

PRESENTACIÓN EN LUGO DO LIBRO “DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO”

O vindeiro venres día 29 de abril ás 20h na Galería Sargadelos de Lugo presentarase o libro Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo de Rafael Quintía. Neste traballo o autor nos revela as claves mitolóxicas e simbólicas necesarias para interpretar e descubri-los segredos do Monte do Seixo, unha das montañas sagradas máis espectaculares e á vez máis descoñecidas de Galicia. Un santuario a ceo aberto que aglutina tal riqueza mitolóxica, lugares de culto, restos megalíticos, e pedras sagradas que o converten nunha especie de parque temático do paganismo galaico máis ancestral. No acto proxectarase tamén unha versión reducida do documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica, e contaremos coa presenza de João Bieites, realizador e codirector —xunto a Rafael Quintía e Calros Solla— deste traballo audiovisual, considerado o primeiro documental de longa duración sobre mitoloxía galega.

Dous momentos da presentación:

De esquerda a dereita: João Bieites, Antonio Reigosa e Rafael Quintía

A %d blogueros les gusta esto: