• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,173 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

XORNADAS DE CULTURA E TERRITORIO

O vindeiro sábado 30 celébranse en Lugo as xornadas de Cultura e Territorio organizadas por ADEGA. O compañeiro João Bieites e máis eu estamos convidados para falar sobre “A tradición oral e o territorio”.

Coido que serán unhas xornadas interesantes, así que se tendes oportunidade non dubidedes en asistir.

Advertisements

Unha resposta

  1. Sobre a cultura e o territorio unha nova da que veño de enterarme sobre un lugar do mundo chamado A Pedra Alta:

    Respecto ó achadego do monumento de Castrelo do Val, de hai uns meses, a estatua/estela ou home de predra que é como lles chamaba a xente, téñovos que dicir que as intencións, contrastadas, do Museo arqueolóxico de Ourense son as de levala pras dependencias de dito museo onde probablemente fique esmorecendo como tantas outras pezas que logo de ter sido “acomodadas” no tal museo deixan de cumplir unha función social no seu contexto de orixe.
    E falo de contexto xa que niste caso a pedra estaba perdida, logo das actuacións da concentración parcelaria dos 70, tamén como tantas outras. Neste sentido volver saber dela foi atopar algo, cáseque alguén, que sempre estivera presente, na beira dunha vella corredoira, na paisaxe dos que andaban ca facenda, dos que ian ó rio ou dos que ian namorar.
    As cousas sen contexto son outra cousa. Perden. Calan. Apenas obxectos.
    E o contexto diste home de pedra está inda patente dun xeito que tes que ir ver para entendelo.
    O artefacto tiña dado nome ó lugar: A Pedra Alta. Ou se queremos, o mundo nisa chaira chámase a Pedra Alta. A carón do rio Támega, na linde da parroquia e pé dun espazo chamado o castro que fora habitado, seica hai moito tempo, por unha familia.
    Antes estaba perdida mais a xente sabía que andaba por algures. Agora, se a levan, acabouse. Xa non poderá ser o que era: unha persoaxe do Val do Támega, unha referencia, un catalizador de memoria e identidade.
    O concello de Castrelo ten dende o mesmo dia do achádego un espazo ad hoc dentro do seu modesto, mais digno, museo local. Visitable en calquera momento dos horarios “normais” ou fora deles preguntando pola chave no pobo, onde cun orgullo de clan han vir gustosamente conosco pra que a poidamos ver, ben iluminada, ela soiña, que inda para iso se deron xeito.
    No M. Arqueolóxico de Ourense tería que ser unha das pezas da “escolma”, moi cativa, exposta nunha sala xa que o resto do edificio está nunha obra perpetua, e visitable en horario de oficina. Mirai na páxina do Museo e vede que é así. http://www.musarqourense.xunta.es/?mod=sala
    Istes achadegos tiñan que ficar, cando se pode e niste caso pódese, perto do seu sitio no mundo para entendelos, ou se cadra escoitalos ben. Cumpría que descentralizandoos e facendoos accesibles, fosen aprehensibles de vez. Non mera referencia nun críptico catálogo ou via panel expositivo trilingüe. Digo Eu, ou?
    Se cadra algún email ó museo podíalles facer ver, tamén, ista ou semellante perspectiva.
    Saude

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: