• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,229 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

A TRADICIÓN ORAL E O TERRITORIO

Aquí vos deixo un breve texto de presentación do noso traballo, que elaborei para as Xornadas de CULTURA E TERRITORIO organizadas por ADEGA en Lugo.

A TRADICIÓN ORAL E O TERRITORIO
Rafael Quintía (Antropólogo e economista), João Bieites (Mestre de Artes plásticas). Membros do Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca

Outeiriños, penedos, bosques, covas, formacións naturais caprichosas…. a man do home e da natureza se confunden nunha paisaxe natural que foi ó longo dos séculos utilizada, transformada, construída e reinterpretada simbolicamente dando lugar a unha rica e marabillosa literatura oral. A protección do noso patrimonio material e inmaterial non se entende se non vai parella á protección da súa contorna natural. Isto é aínda máis claro no tocante ó noso patrimonio inmaterial. Unha lenda, un rito, unha tradición sen a existencia da pedra, do monte, da fonte, do río ou do elemento natural ou material ó que vai asociada perdería todo o seu sentido e significación cultural dentro da comunidade social na que se produce. A perda do soporte tanxible ó abeiro do cal se desprega toda a nosa riqueza inmaterial supón a desaparición irreversible dese patrimonio inmaterial. Por iso a conservación de todo patrimonio cultural ten que ir obrigatoriamente da man da protección e conservación do patrimonio natural. Nos últimos tempos o Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca orientou os seus esforzos a prol de dous proxectos de posta en valor do noso patrimonio material, inmaterial e natural.

O “Proxecto Montaña Máxica” arela divulgar o atractivo cultural do Monte do Seixo —verdadeiro parque temático da nosa mitoloxía popular—, ofrecéndoo como unha novidosa e dinamizadora alternativa cultural para a bisbarra de Terra de Montes. As actividades desenvolvidas polo Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca neste senso foron moitas e variadas. Delas podemos cita-la posta en marcha do Roteiro da Montaña Máxica, en colaboración coa asociación Verbo Xido, a realización de charlas e presentacións do proxecto e o intenso labor de investigación e divulgación que concluíu coa publicacións de tres libros e a elaboración dun documental de longa duración.

O proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é unha proposta, avalada por máis dunha vintena de colectivos, que pretende pór en valor o importante e rico patrimonio natural e arqueolóxico do contorno de Couto do Pornedo e dos Sete Camiños. É un espazo que conforma unha unidade natural e que actualmente abrangue parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán, en Pontevedra; Postemirón e Figueirido, en Vilaboa e San Xulián, en Marín. A proposta representa unha alternativa viable para converter este espazo natural e arqueolóxico nun referente identitario para a comunidade local ademais de constituír un recurso social e economicamente rendible; destacando a necesidade de conservar, estudar e difundir este espazo pola súa importancia patrimonial, polo valor didáctico e polo poder identitario das pegadas deixadas na paisaxe polos nosos devanceiros.

Resulta, pois, prioritario proceder a protexer estas áreas de gran valor natural e cultural das posibles agresións. Para a posta en marcha deste tipo de proxectos é necesario unha acción conxunta das comunidades de montes, dos colectivos sociais e das administracións. Unha cooperación que supere anticuadas visións localistas ou partidistas. Unha nova estratexia colectiva que aposte por unha xestión e explotación sostible dos nosos recursos e do noso territorio, pola conservación e posta en valor do noso patrimonio material e inmaterial e por unha visión a longo prazo para garantir un unha digna herdanza cultural e natural para as xeracións futuras.

Dous momentos da mesa redonda sobre “A tradición oral e o territorio”:

De esquerda a dereita: Branca Villares (moderadora), Xerardo Feijoo Rapela, Antonio Reigosa, Rafael Quintía e João Bieites
De esquerda a dereita: Antonio Reigosa, Rafael Quintía e João Bieites

MÁIS INFORMACIÓN EN:
http://adega.info/info/090121joomla/novas-adega-lugo/508-as-claves-para-construir-o-territorio-son-conecelo-en-profundidade-valoralo-e-protexelo

Advertisements

3 Respostas

  1. […] blog “Á sombra de Bouza Panda“, Rafa Quintía comenta as liñas xerais da súa intervención: A TRADICIÓN ORAL E O […]

  2. Galicia ten unha fondura cultural fora de calquera dúbida., agás inorancia ou “mala fe”.

    Agora compre sermos quen de vivila e disfrutala sen complexos desbotando as improntas e o troquelado que como sociedade padecemos cal programas viciosos instalados na mente colectiva.
    Iste é un pais grande.

    Pasai un bo día das nosas letras; que non son poucas.

  3. Un lugar onde o mundo se chama A Pedra Alta.

    Respecto ó achadego do monumento de Castrelo do Val, a estatua/estela ou home de predra que é como lles chamaba a xente, téñovos que dicir as intencións, contrastadas, do Museo arqueolóxico de Ourense son as de levala pras dependencias de dito museo onde probablemente fique esmorecendo como tantas outras pezas que logo de ter sido “acomodadas” no tal museo deixan de cumplir unha función social no seu contexto de orixe.

    E falo de contexto xa que niste caso a pedra estaba perdida (ou feita desaparecer) logo das actuacións da concentración parcelaria dos 70, tamén como tantas outras. Neste sentido volver saber dela foi atopar algo, cáseque alguén, que sempre estivera presente, na beira dunha vella corredoira, na paisaxe dos que andaban ca facenda, dos que ian ó rio ou dos que ian namorar.

    As cousas sen contexto son outra cousa. Perden. Calan. Apenas obxectos.
    E o contexto diste home de pedra está inda patente dun xeito que tes que ir ver para entendelo.

    O artefacto tiña dado nome ó lugar: A Pedra Alta. Ou se queremos, o mundo nisa chaira chámase a Pedra Alta. A carón do rio Támega, na linde da parroquia e pé dun espazo chamado o castro que fora habitado, seica hai moito tempo, por unha familia.

    Antes estaba perdida mais a xente sabía que andaba por algures. Agora, se a levan, acabouse. Xa non poderá ser o que era: unha persoaxe do Val do Támega, unha referencia, un catalizador de memoria e identidade.

    O concello de Castrelo ten dende o mesmo dia do achádego un espazo ad hoc dentro do seu modesto, mais digno, museo local. Visitable en calquera momento dos horarios “normais” ou fora deles preguntando pola chave no pobo, onde cun orgullo de clan han vir gustosamente conosco pra que a poidamos ver, ben iluminada, ela soiña, que inda para iso se deron xeito.

    O concello estaba preparando unha réplica pra poñela no seu emplazamento orixinal . Agora xa non sei.

    No M. Arqueolóxico de Ourense tería que ser unha das pezas da “escolma”, moi cativa, exposta nunha sala xa que o resto do edificio está nunha obra perpetua, e visitable en horario de oficina. Mirai na páxina do Museo e vede que é así. http://www.musarqourense.xunta.es/?mod=sala

    Istes achadegos tiñan que ficar, cando se pode e niste caso pódese, perto do seu sitio no mundo para entendelos, ou se cadra escoitalos ben. Cumpría que descentralizandoos e facendoos accesibles, fosen aprehensibles de vez. Non mera referencia nun críptico catálogo ou via panel expositivo trilingüe. Digo Eu, ou?
    Se cadra algún email ó museo podíalles facer ver, tamén, ista ou semellante perspectiva.

    Saude

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: