• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,173 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

ALTAR DE PENA MIRANDA E A PEDRA FURADA


Sobre a ría de Vigo érguese a Pena Miranda, inigualable atalaia natural para asomarse a fermosura da enseada de San Simón, á Cuncha de Rande e Redondela, como lle chamou o Padre Sarmiento. Unha xeografía costeira que foi testemuña muda da nosa historia, dende os ataques dos piratas berberiscos, e séculos despois ingleses, á invasión napoleónica, co seu desembarco nas salinas de Paredes e a famosa batalla de Pontesampaio.

Alá no alto dos montes da parroquia de Paredes, no concello de Vilaboa, e xa lindeiro coa parroquia pontevedresa da Canicouva atópase a Pena Furada. Un espectacular abrigo natural que polos gravados que presenta e as lendas a ela asociadas fannos pensar en que este auténtico hipoxeo pétreo foi algo máis ca un simple capricho da natureza.


Un inmenso bolo granítico totalmente furado pola súa cara interior e que descansa apoiado no chan —na súa parte inferior— e sobre outra grande rocha —na súa parte superior— dan forma a este interesante acubillo.

No interior do abrigo, e sobre unha pedra na que posteriormente se labraron uns chanzos para acceder á parte superior da covacha, atopamos varios gravados de épocas históricas diferentes. O máis salientable, e posiblemente o máis antigo, é o motivo serpentiforme. O esquemático ofidio aparece custodiado por varios cruceiros e cruces, posiblemente de época medieval. Por último, aprécianse tres letras —a xeito de inicial de nome e dos apelidos— acompañadas da data de 1954. Na parte superior da rocha, e xa no seu exterior, aparecen labrada unha cruz de termo.


O lugar foi utilizado polos mozos da zona para facer magostos e outras xuntanzas festivas. Os numerosos lumes prendidos dentro das cavidades da pedra causaron importantes desperfectos nos incontables alvéolos desta peculiar mostra de erosión natural.



Un día, coincidindo cunha visita ó lugar, atopamos un paisano paseando pola zona que nos contou que existía a crenza de que na Pena Furada vivira antigamente unha vella cos seus animais, e seica acompañada tamén dun vello. Volvemos atopar nesta historia o bosquexo da lenda galega da Vella, esa moura que habita en megálitos, penedos figurativos e outro misteriosos enclaves da nosa xeografía e que, como xa comentamos noutros posts deste blog, posiblemente sexa o recordo mitificado dunha antiga deidade da natureza.

No Catastro do Marqués de la Ensenada podemos atopar algunha pista do que puido ser ou existir no alto deste outeiro. No Libro del Real de Legos referido á freguesía de Santo André de Figueirido, na descrición dos propietarios do barrio de Gandarela aparece consignado o “altar de Piedra Miranda”. Así mesmo, no libro que trae o Ynterrogatorio y Listas Generales de las Frâs de San Martin de Vilaboa, San Adrian de los Cobres y Santa Christina de los Cobres, na Lista General da parroquia de San Martiño de Vila Boa, cita o Altar de Pedra Miranda ó enumera-los Montes Altos. Vemos pois que a toponimia antiga fai referencia a existencia dun altar nestes cimos. Altar, do latín alatarium que por deformación popular da fala daría lugar ó topónimo outeiro. No seu día o ilustre Luís Monteagudo rastrexou a pegada destes antigos altares rupestres que se agochan baixo moitos dos nosos actuais outeiros.
Son interesantes tamén os topónimo Marco da Lapa, na faldra de poñente da Pena Miranda, e Alto da Lapa, no outeiro que se ergue fronte a Pena Miranda e ós pes da capela de San Amaro.


Toda esta zona foi lugar de extracción de pedra durante moitos anos polo que os outeiros e rochedos atópanse moi alterados. Se existía algún elemento arqueolóxico, algún altar rupestre ou calquera outro elemento ritual seguramente desapareceron con motivo dos labores de cantería. Non sería de estrañar que, como ocorre habitualmente na nosa terras, algún día se atopen os restos dalgún destes elementos arqueolóxicos reutilizados entre a cachotería das casas que se fixeron coa pedra extraída de Pena Miranda ou reutilizados como comedeiro, chanzo de escaleira, mesa de xardín ou columna dunha parra. Moitas son as aplicacións que lle teñen dado os nosos paisanos a estes restos, lembremos, por exemplo, o aparecido recentemente en Armea.

Mentres tanto, e á espera de que algún día poidamos chegar a saber algo máis daquel misterioso altar de Pena Miranda e das funcións que puido te-la Pena Furada, tan so nos queda gozar da aventura de redescubrir estes máxicos enclaves da nosa xeografía mítica e rezar pola súa protección e conservación.

© Fotografías propiedade do autor do blog.

Advertisements

3 Respostas

  1. Vendo esta excelente reportaxe non podo por menos que reflexionar sobre o estado de abandono moral no que se atopan boa parte dos elementos, mais ben tesouros, do noso patrimonio.

    Con moito menos teño visto algunha industria do sector servizos noutros paises…

    No meu entender compre un recoñecemento serio do traballo de divulgación que se fai dende A Sombra de Bouza panda xa que, en definitiva, é un traballo de xestión en toda regla feito por e para sociedade civil.
    Un servizo de xestión que se pon ó noso dispor de xeito eminentemente altruista..

    Parabéns polo traballo.

  2. Moitas grazas polo apoio Miguel. A falla de máis tempo libre, faise o que se pode.

  3. […] misterioso hipoxeo e morada de mouras da que xa falei neste blog (remítome ó meu post: <a href=”https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2011/05/29/altar-de-pena-miranda-e-a-pedra-fu…) Pedra Furada, no alto do outeiro de Pena […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: