PUBLICACIÓN E PRESENTACIÓN DO LIBRO “A NOSA SEÑORA DA LANZADA. ESTUDIO ANTROPOLÓGICO DE UN SANTUARIO COSTERO”.

Esta semana publicarase o meu libro “A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero”. A obra será presentada mañá día 18 de agosto ás 20.30h na Sala Naútica de Novacaixagalicia, en Sanxenxo, e estades todos convidados.

Aquí vos deixo un pequeno comentario sobre o libro.

A Nosa Señora da Lanzada é un dos santuarios máis poderosos de Galicia. A súa privilexiada localización, nun promontorio costeiro rodeada de areais e fronte ó Océano Atlántico, converte a este recinto sagrado nun lugar único da nosa xeografía relixiosa, en punto de destino de miles de devotos e nun porto de partida das almas cara ó Alén, ó Máis Alá. Neste máxico lugar conxúganse os ancestrais ritos precristiáns co culto á Virxe, a divina intervención da Nosa Señora da Area cos poderes das augas, os astros e as pedras; a crenza nunha vida no Máis Alá coas ánimas en pena, co remeiro Caronte e coas bestas fantasmagóricas que habitan as nosas rías e as nosas illas. En definitiva, o mundo terreal e profano co mundo do sobrenatural e do divino. O autor descúbrenos nesta obra, galardoada co premio Luís Cuadrado 2010, todo o universo mítico e relixioso que envolve a este espectacular santuario da Lanzada e fai un estudo pormenorizado de tódolos elementos materiais, inmateriais e simbólicos que configuran este famoso santuario da costa galega.

Datos técnicos:
Autor:Rafael Quintía Pereira
Editorial:Librería Nós
Impresión:color
Tamaño:23×16
240 páxinas
I.S.B.N. 978-84-615-2509-6

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: