• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • A LINGUAXE DAS CAMPÁS. ETNOGRAFÍA DOS SINOS

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 117,273 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

OS FACEDORES DE TORMENTAS

Dos centos de seres míticos que habitan no folclore galego hai un cuxo arcaísmo e connotacións “divinas” merece dedicarlle este artigo. Refírome ó coñecida como Nubeiro, un ser similar ó Nuberu asturiano ou ó Renuberu leonés. Os nubeiros son espíritos malignos que habitan no ar. Descríbenos como semellantes a ananos deformes pero cunha forza descomunal, van cubertos con pesados pelellos ou armaduras, cobren a súa testa cun chapeu de á ancha e locen unha extensa barba. Este ser, de aspecto deforme e ás veces xigantesco, asociase ás tormentas, ós tronos, ás néboas e ós lóstregos, é o morador do ar e cabalga polos ceos provocando tormentas, choivas e botando raios, fai que as nubes solten a súa auga e a sarabia que levan.

O 31 de xaneiro, día da Candeloria e de Santa Bríxida, cando chegaba a noite os mozos dalgunhas aldeas galegas tanxían as campás para escorrenta-lo nubeiro. Existen na nosa tradición popular multitude de contos nos que se narra como os cregos se enfrontan ós nubeiros co aquel de desface-la tormenta. Eladio Rodríguez no seu Breviario enciclopédico fálanos do Tronante, que é quen produce os tronos golpeando as nubes cos pés. Tamén se cre que son responsables da produción do pedrazo e da sarabia.

O Negrumante sería outro destes seres sobrenaturais do noso folclore. Todos eles son xenios do aire que, ás veces, adoptan forma humana ou natural. Causan tormentas, tronos e tempestades. O Monte do Seixo, por exemplo, ten os seus propios facedores de tormentas coñecidos na tradición do lugar, segundo recolleu o escritor Calros Solla, como os Cabaleiros da Choiva. Son os responsables das tormentas, cabalgan polo ceo coma unha horda fantasmal facendo que as nubes descarguen toda a súa auga.

Para moitos antropólogos estas figuras serían pervivencias folclóricas e degradadas de antigas deidades da tormenta, reguladoras do tempo atmosférico, os coñecidos como facedores de tormentas das culturas animistas máis antigas. Estas figuras aparecen na relixión celta, e na dos pobos nórdicos, baixo a aparencia de distintos deuses. Na relixión gala Taranis —de trono, lóstrego— sería o deus do trono e a tormenta e representa a forza sobrenatural das tormentas. Para os escandinavos sería Thor quen posuía a capacidade de crea-los tronos e as tormentas co seu poderoso mazo, coñecido como Mjöllnir polos viquingos, o martelo de Thor. Tamén no ámbito mediterráneo temos deuses con atributos similares. No mundo dos amuletos galegos os machados prehistóricos de pedra que se atopaban nos labores do agro ou os prismas de seixo cristalizado son considerados poderosos amuletos contra as tormentas, de aí que en Galicia fosen coñecidos como pedras do raio.

Existe a antiga crenza indoeuropea de que a auga que xorde da terra é unha manifestación feminina da Deusa Nai e a auga que cae do ceo e unha manifestación da divindade masculina do ceo. O deus do ceo e das tormentas é un deus creador todopoderoso cuxo seme revitalizador é a choiva que vén do ceo. H. W. Howes recolleu no 1929 como nalgunhas aldeas de Galicia aínda se lle rendía culto a ese deus do ceo, xa cristianizado, deixando ofrendas de pan nas ventás cando a tormenta ameazaba con destruí-las colleitas.

Hai antropólogos, dicía, que pensan que todas estas figuras míticas responsables dos meteoros da nosa climatoloxía poderían se-lo substrato mitificado que quedou no noso folclore daqueles antigos deuses indoeuropeos das tormentas. É posible, non teño eu argumentos para negalo, máis ben todo o contrario. De ser así, estariamos ante outro exemplo de que a continuidade é unha pauta cultural máis habitual do que cremos e non a excepción como pensan algúns que entenden a historia social e cultural (non me gusta o termo evolución) como un proceso constante de bruscas rupturas co pasado, onde nunca fica nada do substrato anterior. Se isto último fose certo, se no noso folclore non quedasen fosilizadas algunhas pegadas das vellas crenzas, se, en definitiva, as supervivencias non existisen alguén tería que explicarme entón como pode perdura-la institución da familia, o noso sistema de parentesco, o sistema de produción económico baseado na agricultura de subsistencia, o tabú do incesto ou o cristianismo, por deixar no aire algúns exemplos de “supervivencias” actuais.

NOTA:
Para coñecer máis sobre os seres da mitoloxía galega recomendo ler a fabulosa obra:
“Diccionario dos seres míticos galegos” de Cuba, X. R., Miranda, X. e Reigosa, A. Edicións Xerais. Vigo, 1999

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: