• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 113,341 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

FÚNDASE A SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA

Transcorrido xa o tempo, sempre necesario, para as reunións, a planificación de actividades e liñas de traballo, para o deseño organizativo e para os trámites burocráticos, é o momento de comunicar que o pasado seis de agosto levouse a cabo a fundación da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) ,quedando o seu órgano directivo constituído polas seguintes persoas:

Rafael Quintía (Antropólogo e economista)
João Bieites (Profesor de Educación plástica e visual e especialista en Audiovisuais)
Miguel Losada (Etnógrafo)
Lukas Santiago (Arqueólogo e realizador)
Francisco Sutil (Licenciado en Belas Artes e restaurador de Arte)

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) constitúese como unha asociación cultural sen ánimo de lucro, fundada en agosto de 2011, e cuxos obxectivos son, por unha banda a investigación e a divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional —tanto material como inmaterial— e de tódolos aspectos incluidos dentro do campo da antropoloxía social e cultural, e por outra banda a promoción de todas aquelas actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego.

Para levar a cabo todo este labor, a sociedade conta coa colaboración dun amplo número de profesionais das distintas áreas que abrangue o proxecto. Ó abeiro da SAGA reúnense antropólogos, etnógrafos, arqueólogos, historiadores, filólogos, artistas plásticos, técnicos en audiovisual, músicos e moitos outros colaboradores comprometidos coa aventura cultural e social que pilota a nosa institución.

Entre os proxectos que leva a cabo a Sociedade Antropolóxica Galega cabe salienta-los seguintes:

•A publicación trimestral do boletín informativo da sociedade Caderno de campo. Unha publicación gratuita e de descarga libre na nosa páxina web.

•A SAGA faise cargo tamén da edición e publicación do anuario Fol de Veleno. Revista de Antropoloxía e Historia de Galiza.

•A edición da colección Cardernos etnográficos, na que se publicarán traballos monográficos sobre distintos aspectos da etnografía e da arqueoloxía galega.

•A realización de documentais e doutros traballos audiovisuais que nos permitan divulga-los tesouros do patrimonio material e inmaterial da cultura galega. Nestes momentos a SAGA ten producidos os seguintes documentais: Sete Camiños, encrucillada do tempo, Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo e Metoca.

•A organización das xornadas anuais da SAGA sobre antropoloxía galega.

•O desenvolvemento de proxectos de investigación, de divulgación e de posta en valor do patrimonio como son o proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños ou a creación do Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega (AAANGA).

A día de hoxe a Sociedade Antropolóxica Galega xa está a pleno funcionamento e embarcada en todos estes proxectos. Nestes momentos colabora activamente —como parte da súa comisión técnica— no proxecto para a creación do Espazo natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños; atópase en pleno rodaxe dun novo documental: Mulleres de ribeira. O bando dos Praceres; estreará o vindeiro xaneiro o seu último último traballo Sete Camiños, encrucillada do tempo e xa puxo en marcha algún dos proxectos de investigación que tiñan programados. De todas estas actividades iremos dando cumprida información no noso boletín trimestral —Caderno de Campo— e na nosa páxina web:

http://www.antropoloxiagalega.org

Non quero despedirme sen agradece-la boa acollida que está tendo este proxecto e a colaboración desinteresada de todo o equipo de persoas que puxeron o seu coñecemento e bo facer á nosa disposición para que o que onte era tan só un proxecto sexa hoxe unha realidade. A todos vós, moitas grazas.

Advertisements

Unha resposta

  1. […] Rafa Quintía no seu blog Á sombra de Bouza Panda, que a asociación cultural SAGA “conta coa colaboración dun amplo número de profesionais […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: