Daily Archives: 28 Decembro 2011

O PRIMEIRO NÚMERO DE “CADERNO DE CAMPO” XA ESTÁ DISPOÑIBLE

Queridos amigos, teño o gusto de informarvos de que vimos de publicar o primeiro número de CADERNO DE CAMPO. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega . Unha publicación gratuíta, e de descarga libre na nosa páxina web, na que se irán dando a coñecer as distintas novas respecto á nosa organización, así como artigos de investigación ou de opinión que poidan ser de interese para os nosos lectores.

Para máis información sobre a Sociedade Antropolóxica Galega visítese:

Déixovos aquí este primeiro boletín CADERNO DE CAMPO para que o poidades descargar en formato pdf.

boletin CADERNO DE CAMPO Nº1 dec-2011

A %d blogueros les gusta esto: