CHARLA SOBRE A RECUPERACIÓN DOS “CANTOS DE REIS”

O pasado venres 23 de decembro os membros do grupo tradicional Os Chichisos tivémo-la honra de ser convidados polo concello de Vilaboa e as asociacións de veciños para dar unha charla na Casa Cultural de Riomaior (Vilaboa) e falar da nosa experiencia na recuperación dos Cantos de Reis en Pontevedra e dos doce anos que levamos mantendo viva esta fermosa tradición da nosa cultura.

Alí expuxémo-lo noso traballo, demos algún consello para quen quixo escoitar e escoitamos cantos de Reis da voz sabia das veciñas máis vellas do lugar. Como colofón, o que lles fala xunto coa compañeira Rosalía Rodríguez e con Xosé Feijoó aquelamos un improvisado cantar de Reis acompañados polo coro de tódolos asistentes.

Para min foi un verdadeiro pracer participar nesta charla coloquio e poder compartir cos veciños de Vilaboa a nosa humilde experiencia, agardando agora que eles poidan pór en marcha o ano que ven o seu propio proxecto de recuperación dos bandos de Reis no seu concello. Parece que aínda queda xente que non se resigna a deixar que esmorezan algunhas das máis fermosas expresións da nosa cultura tradicional.

Deixo aquí algunhas instantáneas da interesante velada.

Posted on 2 Xaneiro 2012, in 07. PRESENTACIÓNS, CHARLAS E CONFERENCIAS. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: