VOLVEMOS CANTA-LOS REIS

Mañá, e como cada ano dende hai xa doce, iremos canta-los Reis polas rúas e prazas de Pontevedra. Sairemos a partir das 7 da tarde da Praza da Liberdade e faremo-lo percorrido habitual pola zona peonil de Pontevedra. Para nós, o grupo de música tradicional Os Chichisos, é unha alegría constatar que cada ano hai máis participación e interese por este tradición, ata o punto de que este ano contamos con case corenta rapaces que sairán canta-lor Reis connosco, o que nos dá a esperanza para soñar que os cantos de Reis perduren, cando menos unha xeración máis.

Xa o saben, agardámovos a todos mañá á tardiña e non esquezan meter no peto uns patacós ou uns chourizos para dárno-lo aguinaldo.

Bo Nadal, Feliz ano e que vivan os Reis Magos!!, como algún dicía, a única causa monárquica que merece a pena.

o Faro de Vigo e La Voz de Galicia fanse eco unha vez máis da nosa iniciativa:



Máis información sobre os cantares de Reis no post:
https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2010/12/21/os-cantares-de-reis-e-a-sua-recuperacion/

Video dos Chichisos a canta-los Reis no ano 2007:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: