• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 115,032 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

“O FOGAR DO LECER” UN PARAÍSO E ALGO MÁIS…

Hoxe vouvos falar dun deses marabillosos lugares que de cando en vez un ten a sorte de descubrir, e non estou falando de bosques, pedras, montañas e outeiros misteriosos ou de máxicos santuarios…ou quizais si sexa un santuario.

Existe unha libraría na Coruña que realmente fai honor ó seu nome. O Fogar do Lecer, situada na Praza da Cormelana nº2 baixo, é un deses lugares onde, os que amámo-los libros, nos atopamos como na casa, no fogar…ou aínda mellor se cabe.

O Fogar de Lecer é unha libraría desas que chaman “de vello” e eu chamo “do bello”, un lugar onde atopar libros usados, descatalogados, antigos e algunha que outra selecta novidade. Vamos, o que nunca atoparás nun Carrefour.

O Fogar do Lecer funciona ademais como un verdadeiro centro cultural no que non hai semana na que non haxa unha exposición, un recital, unha proxección dun audiovisual ou unha presentación dun libro. Un labor social e cultural intenso e coidado que deixa en evidencia á meirande parte das nosas escleróticas administracións públicas e ás súas institucións culturais.

Pero o Fogar do Lecer ten algo máis, algo especial que impregna todo o local e non é o arracendo do café recén feito mesturado co aroma dos vellos libros. Non é iso, coido que o que lle outorga esa impregnación especial é a impronta que lle dan as súas donas: Viru e Fani que fan desta libraría un lugar sumamente acolledor, onde se coida cada detalle ata o punto de agasallar sempre a cada visitante, non só cun sincero sorriso, senón tamén cun deliciosa café ou un té. Para un adicto ó té e ós libros non coñezo un lugar, que se poda confesar publicamente, que se pareza máis ó meu particular paraíso terreal.

O Fogar do Lecer é un Dorado perdido, un Paititi onde atopa-los tesouros máis prezados que ten a nosa civilización ou o que sexa que temos hoxe en día. Algúns dos meus libros máis valiosos —que non máis caros— atopeinos nos andeis desta libraría, como por exemplo a miña última adquisición: unha fabulosa edición do mítico “Plantas de los Dioses. Orígenes del uso de los alucinógenos” de Richard Evans Schultes e o non menos mítico Albert Hofmann. Estou certo que máis dun, amantes da antropoloxía, terá agora os dentes longos.

Así que como é de ben nacido ser agradecido aquí vos deixo este post agardando que se tendes a sorte de vivir na Coruña (que bonita é, que di a canción) ou de pasar algún día por aló non perdáde-la oportunidade de achegarvos ó Fogar do Lecer, podo asegurarvos que non será unha viaxe perdida máis ben gañaredes unha aventura, a aventura do pracer da lectura e da boa compaña.

(Fotografías: O Fogar do Lecer)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: