• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,200 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

O MOSTEIRO DA SANFINS, UN TESOURO NA ESPESURA.

Hoxe, na nosa particular romaxe pola xeografía desta terra imos cruzar esa fronteira política que é o río Miño, unha fronteira que máis que separar nos une ós nosos irmáns da Galicia sur. En recentes datas, e grazas ó querido amigo Pablo Novoa, tiven a sorte de descubrir este paraxe do que lles vou falar. Así que, como é de ben nacido ser agradecido, hoxe quero compartir con vostedes este lugar para que outros podan gozar, coma min, deste tesouro arquitectónico digno dun cadro de Friedrich, aquel marabilloso pintor romántico alemán que soubo pintar coma ninguén as ruínas, as sombras, as tempestades e a noite.

 

O mosteiro de Sanfíns de Fiestra, a uns dez quilómetros de Valença en dirección Monçao, é unha desas xoias do románico do Minho que desta veira do río case non se coñecen. Un auténtico tesouro agochado na espesura do bosque e pendurado nos montes dunha das freguesías máis altas do concello de Valença.

O mosteiro toma o nome da freguesía na que se localiza e crese que Sanfins deriva do nome do seu patrón — San Félix — e dunha antiga ermida adicada a este santo e que estaba gardada por un monxe beneditino e foi fundado no século VI pola orde benedictina que o erixiu seguindo o mandato de San Rosendo. Mais hai rexistros de que xa no 604 existían aquí algún tipo de edificación.

A igrexa romámica que podemos ver data do século XII, posiblemente a súa construcción comezou no ano 1134 data na que se otorga carta de couto de Doña Teresa e Don Afonso Henriques, naquel tempo en que estaba a nace-la monarquñia lusitana. Pero as súas obras prolongáronse ata o século XIII. É un dos monumentos románicos mellor conservados de Portugal. Posúe unha soa nave, alta e estreita que estaría destinada e reservada à comunidade monastica.

O templo amosa unha fermosa mostra de canzorros con temas animalescos e vexetais,

Pero non son os imaxinativos canzorros e o bestiario que amosan o que máis chama a atención desta igrexa senón o que parece no seu tímpano ocidental. Un enorme dintel dun só bloque de granito (hoxe fendido) no que aprece representada unha serpe —quizais con fin apotropaicos— sobre motivos ondulados e zig-zag que pouco ou nada teñen que ver co resto do estilo arquitectónico e artístico do templo.

Esta lousa, que puido sr retocada e repicada —pois o suco semella ben marcado con instrumento metálico— evoca a un tempo pasado anterior ó románico e se non fose pola súa situación actual ben podería pasar por unha peza castrexa ou mesmo as graburas do esteo dunha mámoa. Quen sabe, quizais esa sexa a verdadeira orixe desta pedra “reutilizada”.

Pero esta non é a única pedra “peculiar” que podemos atopar no mosteiro. No dintel dunha das portas que dá acceso ó recinto puiden observar, grazas a que o sol rasante incidía sobre a pedra, o que semellan petróglifos de círculos concentricos, co que poderiamos estar ante outro exemplo de pedra con graburas reutilizada.

Os aposentos conventuais son máis modernos, e foron construídos polos Xesuitas cando estes ocuparon o mosteiro no século XVI (no 1554), pois en 1545, Don João III doou o couto e o mosteiro à Compañia de Jesús, para fundaren o seu colexio, em Coimbra, doazon que foi confirmada polo papa Paulo III en 1548, comprendendo as actuais freguesias de Boivão, Gondomil, Friestas, Sanfins e Verdoejo.

Coa extinción da Compañía de Jesús, estes bens pasaran para a Universidade de Coimbra.

Como datos históricos interesantes, respecto a este couto, podemos citar que en documentación de 1258, pódese ler que os moradores de Sanfins non estaban obrigados a ir á guerra, a non ser que o propio rei de Portugal estivese en persoa fose á guerra. Este privilexio, entre outros, compensaban a obriga que tiña o Couto de Sanfins de estar a cargo da defesa do val de Carrexil:  “se guerra vier entre Leão e Portugal, o abade deste devandito mosteiro, com todo o seu couto, tem de guardar com armas o vau de Carexi” .

No século XIII tiña como anexas as igrexas de São Mamede, Gondomil, Taião e Verdoejo, era do padroado real e tiña dereito de representación en varias outras. En 1320, foi taxado en 1100 libras, posuía moitos bens e gozab, como dixemos, de numerosos privilexios.

Camiñar entre as ruínas do mosteiro de Sanfíns é como vaixar no tempo, un case que pode sentir os cánticos dos monxes entre o rumor do vento que azouta estes cumios, esocitar os maitines entre o son do correr da auga, percibi-las sombras dos seus antigos ocupantes paseando entre os arcos dun claustro tapizado de brión e hoxe comesto por unha vexetación que todo o pode.

Cando transito polos corredores non podo máis que sentirme o protagonista dun tenebroso relato de Becquer, mergullarme no Miserere e sentir  forza e a maxia das ruínas que me envolven.

É que estes lugares perdidos, onde a pedra traballada se mestura coa natureza, onde a obra do home é reinventada e transformada polo paso do tempo e a acción dos elementos, teñen algo especial, algo máxico que os fai aínda máis fermosos que cando gozaban de pleno esplendor. Unhas xeografías dotadas dun aura romántica e evocadora, espazos onde se mestura a grandeza e a decadencia. E quizais sexa iso o que nos atrae deles, porque no fondo non deixan de ser máis ca un reflexo de nós mesmos, do que fumos, o que somos e do que seremos…en definitiva unha moeda con dúas caras: a grandeza e a decadencia do home.

Tan só me queda comentar que na contorna do mosteiro atópanse tamén o miradoiro de Santo Ovídio onde, ademais dunha capela, existe segundo o pobo un máxico penedo no que se pode ouvir o ruído do mar. Ese mesmo mar atlántico polo que un día chegaron a estas terras santos en barcas de pedra para fundar conventos en cumios que xa eran santos.

Por se vos queredes achegar ata alí, o convento está localizado no concello de Valença e hai que tomar a estrada que vai da vila fronteiriza ata Monção e desviarse nun cruce á dereita que xa indica a dirección do mosteiro.

As coordenadas GPS son :
Latitude: 42º 1´ 45.881´´ N
Lonxitude: 8º 34´ 40.170´´ W

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: