Daily Archives: 17 Maio 2012

“NOITE DE REIS COS CHICHISOS”. ESTREO EN PRIMICIA EN INTERNET DA NOSA CURTAMETRAXE DOCUMENTAL

Os Chichisos queremos celebra-lo Día das Letras Galegas estreando en primicia en internet a nosa curtametraxe “Noite de Reis cos Chichisos”. Un traballo audiovisual no que os músicos dos Chichisos acompañados dunha trintena de nenos recrean a tradición galega de i-la Noite de Reis a cantar e pedi-lo aguinaldo polas casas da aldea.

SINOPSE:
Os Chichisos en compaña dunha trintena de nenos recrean nesta curtametraxe documental a tradición, antano habitual nas nosas festas de Nadal, de ir cantar polas casas a Noite de Reis. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia interpretando os cantos de reis, unhas fermosas pezas da nosa literatura popular transmitidas oralmente ó longo dos séculos. A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.

FICHA ARTÍSTICA
DIRECCIÓN: Rafael Quintía e João Bieites
GUIÓN: Rafael Quintía e Xosé Feijóo
PRODUCIÓN: Asociación Cultural Os Chichisos
REALIZACIÓN: João Bieites

FICHA TÉCNICA
PRODUTORA: Asociación Cultural Os Chichisos
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”
TIPO: Curtametraxe documental
XÉNERO: Etnográfico
Produción propia realizada a cor
ANO: 2012
DURACIÓN: 8 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego

A %d blogueros les gusta esto: