• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • A LINGUAXE DAS CAMPÁS. ETNOGRAFÍA DOS SINOS

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 117,303 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

AS RELIQUIAS DO PRESTIGE

Hoxe non falarei de etnografía, nin de mitoloxía, nin de lugares fascinantes do noso patrimonio, hoxe toca falar de historia de Galicia, da recente pero historia ó fin e ó cabo. Neste día 13 de novembro  cúmprense  dez anos da catástrofe do Prestige así que, como lembranza daqueles tempos de horror e tristura, desenterrei as miñas reliquias persoais para que nunca esquezámo-lo que sucedeu hai xa unha década, aínda que semella que foi onte pois as feridas sempre tardan moito en cicatrizar. Así que, con motivo da triste efeméride  saquei do fallado a caixa cos xornais daqueles negros días, o meu traxe de augas, as miñas botas aínda manchadas de chapapote, as gafas,  un par de luvas limpas, a máscara cutre que nos daban, o meu mono branco de reposto aínda sen estrear e unhas pedras traídas de recordo das praias de Lira.

 

Xa se ten falado de abondo sobre o tema, así que non vou engadir nada máis agás unha reflexión persoal de alguén que como galego sufriu a dor de ve-lo seu mar e a súa costa baixo un manto negro de morte e destrución, de alguén que aínda ten, e terá por sempre, gravado no seu nariz o cheiro penetrante e denso daquel chapapote inmundo, de alguén que non recibiu subvención nin compensación económica algunha, pois se entende que se non traballas no mar non tes ningún prexuízo nin sofres dano ningún  por moito que arrasen o teu país, a túa paisaxe e o teu hábitat natural, de alguén que estaba enterrado ata a cintura en chapapote mentes outros negaban a realidade. Así que aí vai a miña reflexión.

 

Eu nin esquezo nin perdoo, iso déixollo para os bos samaritanos, pero si podo entender e aceptar algunhas cousas. Podo entender que se sexa un inepto e non se saiba manexar unha situación de emerxencia, podo incluso aceptalo pois o pobo é quen escolle a quen lle goberna, así que hai que apandar co que un elixe. Podo asumir que se outros estivesen ó mando nese momento tería acontecido algo semellante, pois non foi a primeira vez que pasou nin será a última, coñecendo o percal dos que teñen que facer algo para que iso non volva acontecer. Podo desculpar —como moita xenerosidade— que transcorrida unha semana da catástrofe mentres eu estaba baixo a chuvia e de xeonllos na area retirando coas mans galletas de fuel da praia de Carnota o exército estivese acantonado nos cuarteis ou tranquilamente repartindo botellíns de auga no pavillón de deportes de Carnota. Podo, incluso, criticar que algúns intentaran tirar rédito político da catástrofe, cousa que sempre se fai por parte de tódolos partidos que andan neste xogo de trileiros, é algo que xa forma parte das regras deste xogo sucio que é a política práctica. Agora, o que non podo entender, nin xustificar, nin perdoar, nin esquecer é a mentira, o engano feito intencionadamente e coñecendo a realidade. O intento de manipular e enganar ó pobo é para min o maior delito que pode cometer un representante público, algo que merecería unha pena de cárcere pero, claro, si se fai iso teríamos a moitos políticos na cadea, pois a mentira e o engano van no oficio, e isto non é demagoxia senón coñecemento de causa.

Daqueles meses de horror e de dor a min quedáronme gravadas dúas declaracións nas que dun xeito indecente se tratou de enganar e mentir á xente. A primeira fíxoa o Sr. Mariano Raxoi cando dixo que o fuel estaba a 10 ou 12 millas da costa. Eu estaba escoitando pola radio do coche esas declaracións en directo mentres vía o chapapote chegar ás praias de San Vicente do Mar, no Grove. Como comprenderán a carraxe foi indescritible. Así que dende aquel día non me creo nada do que diga ese individuo que hoxe é presidente. A segunda declaración realizouna á cadea Cope o por entón ministro de Defensa Federico Trillo trala visita realizada o luns 23 de decembro ás praias de Lira (Carnota, A Coruña) e foi a famosa:

 “Una primera impresión de la situación allí es bastante positiva, ya que puedo decir que no hay playas manchadas de chapapote [..] Esto dice mucho del buen trabajo que se está haciendo hasta ahora y empieza a crear una esperanza para el futuro. Las playas estaban limpias y esplendorosas, la visión era magnífica. […] No es el apocalipsis que se nos ha descrito durante estos días. “

 Claro, o problema xurde cando un escoita isto e sabe que ese día de decembro  no que Trillo visitou as praias de Lira o que aquí escribe, casualmente,  estaba nesas mesmas praias enterrado ata a cintura naquela noxenta pasta negra. E cando digo ata a cintura non é unha metáfora senón a crúa realidade, unhas praias e rochas totalmente cubertas dunha capa de chapapote que no lugar máis “limpo” chegaban ós xeonllos. Poden imaxina-lo que sentín eu e os centos de voluntarios que alí estivemos, odio é pouco, noxo, asco, rabia contida porque senón é delito. E así foi como Trillo acadou, na miña clasificación particular de catadura ética e moral, a categoría de refugallo nauseabundo, de ser inmundo e rastreiro que desprestixia e lixa o xénero humano.

 

E isto non é unha opinión política, non falo diso, nin sequera estou a falar da xestión do accidente, estou a constatar unha verdade obxectiva na que dous políticos mentiron e enganaron sabendo perfectamente que o que dicían era mentira, e a min iso si que non se me esquece porque eu non o lin nos xornais, nin o escoitei na radio, nin mo explicaron nunha televisión manipulada,   a min ninguén mo contou porque eu estaba alí.

Así que cada ano cando chegan estas datas lémbrome daquela costa ennegrecida e da negra condición humana dalgúns políticos que, como as sucias e daniñas manchas do chapapote,  aínda están aí.

Advertisements

2 Respostas

  1. compañeiro ¿acaso nunca pensaches en gardar nun botiño unha pouquiña de m….negra pa estamparlla na cara a algun laballán que che nege que o do prestige ocorreu? que ocorrer ocorrerá non o dubides,apertas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: