• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,229 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

BUDISMO EN SOUTOMERILLE OU NEOSINCRETISMO Á GALEGA

Hai un tempo, nunha visita ó concello lugués de Castroverde co amigo David Outeiro, tiven a oportunidade de achegarme á igrexa de San Salvador de Soutomerille. O templo é unha desas xoias rurais do noso arte sacro que, malia estar ó pé do Camiño Primitivo de Santiago, non lle serviu para salvarse do abandono, o espolio e o desleixe absoluto por parte das autoridades eclesiais e das administracións públicas que deben velar pola conservación do noso patrimonio. Nada novo que non se saiba ou que sorprenda, por outra banda.

 

O templo é de orixe prerrománico, de estilo suevo ou visigótico e cunha fachada renacentista froito das reformas do 1619. No seu interior aínda se intúe a fermosura do seu altar de pedra policromada. Na parte posterior destaca unha fermosa ventá con castro aspilleiras en forma de arcos de ferradura.

 

Pasada a vella igrexa e transitando por unha fermosa corredoira inmersa nun souto de castiñeiros —algún de case 400 anos— chegamos ó cemiterio de Soutomerille. Unha desas cousas insólitas dun país insólito como o noso.

O cemiterio de Soutomerille é un dos máis pequenos de Galicia e apenas alberga dous ou tres panteóns de nichos. As súas pedras, cubertas polo brión, o seu emprazamento ó abrigo da espesura do bosque e o seu diminuto tamaño fan del un auténtico tesouro etnográfico digno de coñecerse.

 

Quen queira camiñar un pouco máis e facer algo de perna pode subir ata a croa do castro de Soutomerille. Alí poderá sentar nos asentos dos mouros e gozar das visita da fermosa paisaxe lucense. Tamén poderá observar a magnitude dos fosos e parapetos desta auténtica fortaleza castrexa.

 

Pero volvamos á igrexa de Soutomerille. Alí, fronte a fachada do templo puiden descubrir con sorpresa un novo elemento relixioso que non tiña observado ata entón en ningún santuario ou igrexa galega, e coñezo unhas cantas. Non me refiro a unha estraña imaxe nin a un insólito exvoto deses que tanto abundan nos nosos santuarios… ou si. Alí, fronte á fachada renacentista da igrexa, penduradas dun castiñeiro  e a carón do primitivo Camiño de Santiago ondeaban ó vento unha restra de bandeiras tibetanas de oración. Así como lles digo.

Bandeiras tibetanas de oración, “Lung ta”. As cores representan os cinco elementos: Azul (simbolizando o ceo), Branco (simbolizando auga), Vermello (simbolizando lume), Verde (simbolizando o ar) e Amarelo (simbolizando a terra)

Descoñezo se foi ofrecemento dalgún peregrino budista ou como chegaron alí, pero alí estaban e, á verdade, é que non desentoaban moito. No fondo, que mellor lugar para deixalas que a carón dunha vella igrexa, á sombra da croa do castro dos mouros e ós pes dun milenario camiño de peregrinación? O caso e que ver esas bandeiras tibetanas de oración fíxome reflexionar sobre o tema do sincretismo relixioso, e ese pensamentos son os que hoxe comparto con vostedes.

 

O tema do sincretismo relixioso dos galegos é de abondo coñecido. A nosa teima por manter vellos ritos, costumes e crenzas xa foi quebra cabezas, aló polo século VI,  para o mesmísimo Martiño de Dumio que vía como aqueles rústicos galegos teimaban por mante-las vellas crenzas fronte a incipiente relixión cristiá. A quen lle interese o asunto recoméndolle le-la obra De Correctione Rusticorum, escrita polo de Dumio para meter en cintura ós seus paisanos.  A cousa non acabou aí, os anos e os séculos seguían pasando e os galegos aínda conservaban —e conservamos— xeitos e maneiras de tempos pagáns. A Igrexa fixo o seu labor evanxelizador, ás veces polas bravas, mediante persecución, prohibición e destrución de antigos lugares de culto; e outras —dun xeito máis intelixente e efectivo—  polo sendeiro da man esquerda, asimilando, transformando e disfrazando os vellos cultos cos roupaxes da relixión do Crucificado.

 

Deste xeito, e a raíz daquel proceso de mestizaxe relixiosa, os galegos practicamos un cristianismo ó noso xeito e, de igual maneira que adaptamos unha rumba ós nosos ritmos, adaptamos unha relixión de orixe semítico ó noso xeito atlántico de ve-la vida.   Así que, neste terra a Virxe convive e se mestura coas mouras, as ermidas fanse sobre cons sagrados, os santos curan as doenzas en fontes de augas milagreiras,  a xente peregrina a santuarios cristiáns para dar voltas ó redor dunha capela, para tirar pedras nun tellado ou nunha xanela, para pasar por baixo dun pelouro, para deitarse nunha pía, lavarse nun sartego de pedra, bañarse no mar bravo ou pasear metido nun cadaleito. Todo un mostrario de peculiares prácticas relixiosas perfectamente integradas na doutrina galaica do Evanxeo e na mentalidade do noso pobo e dos nosos cregos…a deus grazas.

 

Así son as cousa dende hai xa uns séculos. Agora, coa globalización chegan novas correntes relixiosas, novas doutrinas, novos credos e novos profetas. A emigración ven cunha maleta chea de esperanzas e soños de mellora pero tamén co seu equipaxe místico e relixioso. Os suramericanos traen consigo os seus deuses e santos sincréticos, as súas crenzas precolombinas e o seu universo afrocaribeño. Os africanos fan o seu achegando os seus credos, dende o Islam ata o animismo, non hai senegalés musulmán que se prece que non leve como amuleto un gri-gri animista. O asiáticos veñen da man do induísmo, do taoísmo, do budismo  e doutras milenarias relixións.

 

Pero os galegos, malia estes novos aires e ó rexurdimento do neopaganismo e outras correntes da New Age, seguimos ancorados nas nosas tradicionais crenzas cristiano-galaicas, por agora, cando menos. Por que no fondo sabemos que esas vellas crenzas, eses repetidos ritos e prácticas son as de toda a vida e as de tódolos homes que buscaron na relixión, nos deuses e nos ritos a resposta ás preguntas, ós anhelos e ós temores que, dende a noite das cavernas, nos agardan agochados trala espesura do bosque cando cada día o Sol vai morrer ó mar e se abre o mundo das tebras e da dama da noite, o mundo no que sen deuses a quen rezar e pedir, e un lume para nos quentar e protexer non seríamos máis que uns primates perdidos no cosmos dos nosos medos. Non sei se os deuses crearon ós homes pero do que non me cabe dúbida é que os homes crearon ós deuses e, como dicimos os galegos, por algo sería. Así que máis vale ter santiños, virxes, penedos sagrados, fontes milagreiras, almiñas que velan por nós e santuarios, aínda que sexan con bandeiras de oración  tibetanas, porque cos tempos que corren vai se-la única Seguridade Social que nos deixen.

Advertisements

5 Respostas

  1. Que fermoso e interesante reportaxe, da gusto que nos poñades cousas destas, que son parte da nosa pel e do noso adentro, moitas grazas, ata mañá.

  2. Sencillamente precioso. Me quedo con ganas de visitarlo, así que en cuanto pueda para allá. Gracias.

  3. Un lugar tan descoñecido coma fermoso.
    Gustoume especialmente a última foto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: