• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,229 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

O CARBALLO SAGRADO

DSC00037

O carballo da ermida do Seixo é un carballo máxico e sagrado. Este carballo, que medra no alto da aldea do Seixo, en Terra de Trives, ten o poder de para-la chispa do raio, protexendo, deste xeito, á pequena capela e a toda a aldea. Foi, precisamente, esa función de pararraios a que ocasionou que nunha noite de tormenta un poderoso raio tronzara unha das súas pólas máis garridas. É o carballo do Seixo valedor de xentes, casas e gando cando a tormenta ameaza no ceo. Vivir ó seu abeiro é garantía de que non che pase como o pobre Sr. Celidonio, veciño da zona, quen tivo a mala fortuna de camiñar baixo unha tormenta levando unha fouce no ombreiro que chamou pola chispa que o deixou fulminado no sitio.

DSC00041

Pero as virtudes profilácticas do carballo da ermida non rematan aquí. Contan que un día ardeu o monte pero o lume non afectou á capela, xa que ó chegar ós pes do carballo as chamas detivéronse deixando un círculo de herba verde sen queimar todo ó redor do pequeno templo. A xente que lembra o suceso di que parecía que houbese unha barreira invisible que impedía que avanzara o lume. O certo é que semella que hai algo intanxible que protexe á ermida pois nin a xestas nin a maleza, tan abondosa na zona, medra ó redor da humilde capela. A última vez que se desbrozou o campo da ermida foi hai dez anos e aínda hoxe tan só medra a camposa ó redor.

DSC00057

É crenza xeral entre os veciños que todo aquel que queira cortar ou dana-lo carballo acabará contándose el. O acontecido ó cura de Rio é un claro exemplo. Seica un día o devandito crego cortou unha póla da árbore, chegado á casa coa madeira meteuna na tronzadora para facer leña, co fatal desenlace de que a maquinaria levoulle tres dedos da man. Noutra ocasión, un veciño decidiu cortar unha póla do carballo coa motoserra pero no van intento acabou cortando unha perna. Por todo iso se di que ninguén pode feri-la árbore sen saír mal parado. Algo que tamén acontecía co carballo da Santa Mariña de Augas Santas, pera esa é outra historia.

DSC00038

Contan os veciños da zona que baixo o carballo da ermida hai un tesouro. Uns din que enriba do carballo había un púlpito de ouro onde o cura misaba. Un bo día o púlpito caeu dentro do carballo e alí ficou soterrado para sempre. Velaí o tesouro do carballo. Pola contra, outros veciños contan que o valioso púlpito foi levado polo cura coa desculpa de restauralo e xa nunca máis se volveu saber del, pois nunca foi devolto á parroquia.

DSC00052

A carón da capela había un grande bloque de seixo branco que foi picado e destruído cando se restaurou a ermida, privándonos así do elemento material que posiblemente dera nome á capela e que sabe se a pedra sagrada que orixinou a cristianización deste lugar. Hoxe en día, aínda se poden observar algúns anacos daquel colosal bolo de seixo espallados pola contorna o edificio.

DSC00049

DSC00045

A capela conta co seu arsenal profiláctico. Unha agulla de seixo no pincho do tellado fai de amuleto protector contra o raio. Outro bloque de seixo aparece incrustado nunha das parede laterais do templo, posiblemente posto alí con intencións apotropaicas.

DSC00039

DSC00054

Ata hai poucos anos tódolos días catro de agosto, e con motivo das Virxe da Neves, facíase unha concorrida romaría nesta ermida. Os veciños da contorna acudían en masa ata o santuario e alí, trala misa e a procesión, daba conta das viandas e do viño nas típicas comidas campestres.

DSC00040

DSC00047

A uns douscentos metros da capela e subindo cara o monte atópase outro lugar misterioso: os Casaróns. Segundo relatan os veciños cos que falamos, alí había un pueblico feito de casa con paredes redondas. O máis vellos do lugar aínda lembran eses muros redondos en bo estado de conservación.

DSC00062

Hoxe en día o lugar, unha pequena chaira de altura, está cuberto polo toxo, o fento e as xestas. Das antigas construcións quedan parte dos alicerces dos muros, moita cachotería e moita tégula.

DSC00066

Sen lugar a dúbidas no lugar houbo algún tipo de asentamento antigo, polo tipo de restos atopados en superficie posiblemente fose romano ou medieval. A parte de estruturas circulares tamén existe un longo edificio rectangular de grosos muros.

DSC00064

O lugar dos Casaróns ou Casarós non é moi frecuentado, pois moitos son os testemuños que falan de ter visto no lugar terribles serpes xigantes de máis de tres metros, que adoitan buscar acubillos nas ruínas das antigas casas.

DSC00068

No alto do monte existen grandes buratos na terra que uns atribúen ás bombas da Guerra Civil —bombardeos que nestas aldeas nunca sucederon— e outros din que son covas dos mouros. Posiblemente eses misteriosos buratos non sexan máis que os restos dos antigas explotacións mineiras que tanto abundan na zona xa dende tempos da dominación romana.

DSC00046

É, pois, a aldea do Seixo coa súa cristiá capela e o seu sagrado carballo outro deses lugares máxicos da nosa terra. Outro deses tesouros etnográficos que só coñecen os que viven ó seu carón e que agardan a ser descubertos coa esperanza de que grazas á ese coñecemento da nosa cultura material e inmaterial algún día poidamos legar ós noso fillos, cando menos, o que os noso pais nos legaron a nós.

DSC00044

O meu agradecemento a Luís e Paulino Portea, da aldea do Seixo, por toda a información suministrada, e ó meu compañeiro de “aventuras” por estas terras:  Miguel Losada.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: