Daily Archives: 7 Febreiro 2013

FOMENTO QUERE DESTRUIR UN POSIBLE TÚMULO INÉDITO EN GALICIA

Coido que é importante facerse eco desta noticia pois, se non se evita, poderiamos estar ante outro deses atentados contra o nosos patrimonio ó que xa nos ten acostumados o Ministerio de Fomento.

379256_4284529188030_1611663743_n

O posible  túmulo descuberto en Coeses. Fonte: El Progreso

O pasado sábado, o amigo Xabier Moure colgaba no seu muro de facebook a nova da descuberta en Coeses (Lugo) dunha estraña estrutura arqueolóxica que saíu á luz no ano 2011 co gallo das  obras dunha autoestrada.  Segundo explica Xabier, o xacemento podería corresponder a un  posible túmulo duns 60 metros de diámetro, probablemente datado na Idade do Bronce. Ata aquí nada raro, pero o peculiar do achádego ven dado polo feito de que ese posible túmulo posúe muros interiores e exteriores, e está arrodeado por un foxo, existindo, ademais, fosas tamén no interior da area tumular onde se atoparon restos cerámicos. Este tipo de estruturas anexas ó túmulo son algo do que non tiñamos noticia no rexistro arqueolóxico galego, de aí a importancia do xacemento, como ben sinala Xabier.

Cando lin a descrición do posible túmulo inmediatamente me viñeron á cabeza moitos do túmulos británicos e irlandeses —coñecidos en inglés como barrows— moitos dos cales si posúen este tipo de elementos, cítese: muros interiores e exteriores, foxos ó redor do túmulo e incluso parapetos. Tamén é frecuente atopar cerámica, ósos e outros restos materiais enterrados nos foxos que circundan este tipo de monumentos megalíticos, e non só nos túmulos senón tamén nos henges, no que semella unha sorte de práctica ritual na que entrarían en xogo este tipo de depósitos votivos. Así llo fixen saber a Xabier quen concorda comigo neste posible interpretación e na importancia do xacemento.

Ballowall-Barrow (1)

Ballowall barrow, en Cornualles. Túmulo con foxo e muros masivos de pedra ó redor.Idade do Bronce.  http://www.adamstanfordphotography.co.uk

plan-ballowall-barrow

Plano de Ballowall barrow coas distintas estructuras. Fonte:English Heritage

Casualidades da vida, hai unha semana que regresei precisamente de Gran Bretaña de estudar, entre outros monumentos arqueolóxicos, este tipo de túmulos,  así que a noticia deste raro achádego na nosa terra deixoume bastante sorprendido e ilusionado ante a expectativa de que, hipoteticamente, puidésemos estar ante un tipo de túmulo inédito no noso país pero con abundantes paralelos no mundo atlántico británico. Algo que, por outra banda, non debería sorprendernos senón máis ben todo o contrario, se temos en conta os paralelos culturais existente no arco atlántico e os duradeiros e fortes contactos comerciais e culturais que existiron no pasado en toda esta rexión.

Belas Knap neolithic long barrow, Northern False Portal

Túmulo de Belas   Knap, en Gloucestershire (Inglaterra) con muro internos e foxo circundante. Fonte:wwww.quintinlake.com

Por desgraza, semella que o Ministerio de Fomento non comparte este entusiasmo nin cre que o xacemento teña o máis mínimo interese, ou máis ben cre que si o ten, por iso ven de anunciar que non vai varia-lo trazado da autoestrada co que, se non se impide, as padexadoras acabarán con outro valioso achádego e non me estrañaría que incluso antes  de que os arqueólogos poidan desvelar tódolos segredos e a importancia que agocha este valioso xacemento.

bronze_age_barrow_types_j050104_1346439

Tipoloxía de túmulos británicos. Fonte:English Heritage

Sei que Xabier Moure, xunto con outra xente, xa se está movendo para impedir esta barbarie por iso eu quero achega-lo meu humilde gran de area facendo dende aquí un chamamento á cordura e á responsabilidade das administracións públicas que teñen que velar polo noso patrimonio histórico e arqueolóxico para que tomen cartas no asunto e impidan este inminente acto de terrorismo cultural. Do contrario agradeceríalles que deixasen de usa-los meus impostos para pagar inútiles e incompetentes.

424660

Obras da autoestrada e xacemento arqueolóxico. Fonte: El Progreso

A %d blogueros les gusta esto: