• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 113,341 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

FOMENTO QUERE DESTRUIR UN POSIBLE TÚMULO INÉDITO EN GALICIA

Coido que é importante facerse eco desta noticia pois, se non se evita, poderiamos estar ante outro deses atentados contra o nosos patrimonio ó que xa nos ten acostumados o Ministerio de Fomento.

379256_4284529188030_1611663743_n

O posible  túmulo descuberto en Coeses. Fonte: El Progreso

O pasado sábado, o amigo Xabier Moure colgaba no seu muro de facebook a nova da descuberta en Coeses (Lugo) dunha estraña estrutura arqueolóxica que saíu á luz no ano 2011 co gallo das  obras dunha autoestrada.  Segundo explica Xabier, o xacemento podería corresponder a un  posible túmulo duns 60 metros de diámetro, probablemente datado na Idade do Bronce. Ata aquí nada raro, pero o peculiar do achádego ven dado polo feito de que ese posible túmulo posúe muros interiores e exteriores, e está arrodeado por un foxo, existindo, ademais, fosas tamén no interior da area tumular onde se atoparon restos cerámicos. Este tipo de estruturas anexas ó túmulo son algo do que non tiñamos noticia no rexistro arqueolóxico galego, de aí a importancia do xacemento, como ben sinala Xabier.

Cando lin a descrición do posible túmulo inmediatamente me viñeron á cabeza moitos do túmulos británicos e irlandeses —coñecidos en inglés como barrows— moitos dos cales si posúen este tipo de elementos, cítese: muros interiores e exteriores, foxos ó redor do túmulo e incluso parapetos. Tamén é frecuente atopar cerámica, ósos e outros restos materiais enterrados nos foxos que circundan este tipo de monumentos megalíticos, e non só nos túmulos senón tamén nos henges, no que semella unha sorte de práctica ritual na que entrarían en xogo este tipo de depósitos votivos. Así llo fixen saber a Xabier quen concorda comigo neste posible interpretación e na importancia do xacemento.

Ballowall-Barrow (1)

Ballowall barrow, en Cornualles. Túmulo con foxo e muros masivos de pedra ó redor.Idade do Bronce.  http://www.adamstanfordphotography.co.uk

plan-ballowall-barrow

Plano de Ballowall barrow coas distintas estructuras. Fonte:English Heritage

Casualidades da vida, hai unha semana que regresei precisamente de Gran Bretaña de estudar, entre outros monumentos arqueolóxicos, este tipo de túmulos,  así que a noticia deste raro achádego na nosa terra deixoume bastante sorprendido e ilusionado ante a expectativa de que, hipoteticamente, puidésemos estar ante un tipo de túmulo inédito no noso país pero con abundantes paralelos no mundo atlántico británico. Algo que, por outra banda, non debería sorprendernos senón máis ben todo o contrario, se temos en conta os paralelos culturais existente no arco atlántico e os duradeiros e fortes contactos comerciais e culturais que existiron no pasado en toda esta rexión.

Belas Knap neolithic long barrow, Northern False Portal

Túmulo de Belas   Knap, en Gloucestershire (Inglaterra) con muro internos e foxo circundante. Fonte:wwww.quintinlake.com

Por desgraza, semella que o Ministerio de Fomento non comparte este entusiasmo nin cre que o xacemento teña o máis mínimo interese, ou máis ben cre que si o ten, por iso ven de anunciar que non vai varia-lo trazado da autoestrada co que, se non se impide, as padexadoras acabarán con outro valioso achádego e non me estrañaría que incluso antes  de que os arqueólogos poidan desvelar tódolos segredos e a importancia que agocha este valioso xacemento.

bronze_age_barrow_types_j050104_1346439

Tipoloxía de túmulos británicos. Fonte:English Heritage

Sei que Xabier Moure, xunto con outra xente, xa se está movendo para impedir esta barbarie por iso eu quero achega-lo meu humilde gran de area facendo dende aquí un chamamento á cordura e á responsabilidade das administracións públicas que teñen que velar polo noso patrimonio histórico e arqueolóxico para que tomen cartas no asunto e impidan este inminente acto de terrorismo cultural. Do contrario agradeceríalles que deixasen de usa-los meus impostos para pagar inútiles e incompetentes.

424660

Obras da autoestrada e xacemento arqueolóxico. Fonte: El Progreso

Advertisements

20 Respostas

  1. Desde logo contade co meu apoio para calquera acción que se queira realizar na defensa do noso indefenso patrimonio. Saúdos

  2. Mimá que haxa que mobilizarse para defender o noso patrimonio dos políticos.

  3. pódese facer algo? hai algunha páxina onde asinar?

    • Ola Marta, por agora non hai nada de recollida de firmas pero estase movendo o tema para poder presionar a través da repercusión mediática e o compañeiro Xabier Moure está conseguindo o apoio de varios colectivos na zona para poder facer algo e evita-la destrución do xacemento. A resposta da xente e dos medios está sendo moi boa. A ver se entre todos podemos facer algo.

  4. Hai algunha pre-plataforma de difusión deste achado?

    • Non hai plataforma constituida, a difusión estase dando a través das redes sociais, dos blogs e dalgúns medios de comunicación que se fixeron eco do achádego e agora están recollendo a posible destrución do xacemento. Como comentei anteriormente, estase movendo o tema para poder presionar a través da repercusión mediática e se está a consegui-lo apoio de varios colectivos na zona para poder facer algo ó respecto desta ameaza. Graciñas polo voso interese.

  5. […] Fomento quere destruir un posível túmulo inédito na Galiza […]

  6. Eu uniriame a cualquiera proposta para reivindicar a conservación do noso patrimonio, parecerme unha animalada destruirlo e non investigar as nosas raíces contade conmigo, seguro que ahi solucións para a,autovía conservando o achadego, e si non que modifiquen o trazado

  7. Contade com todo o apoio da Associaçom Cultural Revira

  8. […] Fomento quiere destruir un posible túmulo inédito en Galicia (GAL) […]

  9. A culpa é dos aqueólogos porque as visten como P…. británicas. O que teñen que facer os arquólogos é aprobeitar que teñen forma circular para proclamar ben forte a nivel mediático que son cosos taurinos. Ao pouco que se fale de que son como, “Plazas de Toros” prehistóricas, serán declaradas BIC e listo. Logo, cando chegue o momento de que teña todos os garantes de protección pertinentes, declárase que é outra cousa, non menos extraordinaria e listo. A ver quen é despois o guapo que lle quere quitar o BIC para botar piche por riba. Aos que mandan no noso País importalles un carallo a nosa cultura. Importalles só a súa cultura, ou o que eles entenden por cultura.

    • Pola retranca que tes, Xaime, nótase ben que es galego e que te importa a nosa cultura, pena que non sintan o memso moitos dos que deberían protexela. Un saúdo.

  10. Um saúdo solidário. Conta com toda a gente que levo dentro para o que seja, em defensa do patrímonio. Abraço e força no caminho!

    • Moitas grazas polo voso ofrecemento. Seguiremos turrando a prol da nosa cultura e do noso patrimonio.

  11. A bastardia em todo o seu explendor

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: