O XORNAL “SERMOS GALIZA” E OUTROS MEDIOS FANSE ECO DA POSIBLE DESTRUCIÓN DO TÚMULO DE COESES

Os medios de comunicación estanse a facer eco da nova comentada no post anterior sobre o túmulo achado en Coeses (Lugo). Moitos son os medios que se puxeron en contacto c0n nós e se interesaron polo tema. Agardamos que a presión social e a repercusión mediática poñan un pouco de cordura en todo este problema e as Administracións competentes tomen cartas no asunto.

Quero felicitar dende aquí ó  compañeiro Xabier Moure que está  a facer un importante labor de divulgación e concienciación a prol da conservación deste xacemento. As reunións que está mantendo con diversos colectivos culturais, sociais e políticos da zona están sendo positivas e  as conversas mantidas con determinadas Autoridades esperemos que vaian polo mismo camiño.

Unha pequena correción dun erro que hai no artigo de Sermos Galiza, eu non son arqueólogo senón antropólogo.

sermos galiza

LIGAZÓNhttp://www.sermosgaliza.com/artigo/arte-imaxe-patrimonio/fomento-poderia-destruir-valiosos-restos-arqueoloxicos-en-lugo/20130211185228010953.html

El Progreso - Fomento no.._Página_1

El Progreso - A Xunta es.._Página_1

Advertisements

2 Respostas

  1. Ola Rafa;

    En marzo levaremos unha exposición ao museo provincial de Lugo.

    “Sinais na pedra dos nosos devanceiros en Galicia” é unha expoción argallada conxuntamente pola “A.C. Festa da Prehistoria” e “Trebas Galaicas”.
    Entón aproveitaremos a promoción da exposición para mostrar a nosa preocupación pola mámoa de Coeses e atrancar coa nosa pedra o camiño de Fomento.

    Grazas pola labor divulgativa e de denuncia. Estaremos aquí para o que faga falta.

    un saúdo e ánimos.

    • Moitas grazas Marcos, que mellor que uns canteiros do país para reivindica-la conservación dun túmulo. Parabén pola vosa iniciativa e ofrecemento e sorte con esa exposición.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: