Daily Archives: 12 Marzo 2013

PUBLÍCASE “Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer”

Despois de moito tempo madurecendo entre arañeiras no fondo dun caixón e tras a insistencia dalgunhas amigas que me animaron sacalo do exclusivo ámbito paterno-filial,  aquí esta a criatura: Á Sombra de Bouza Panda. Poemario de trincheira e maldizer”.

escanear0009

Vaia por diante que nin son poeta nin pretendo selo, nin sequera aspiro a selo algún día. As miñas inquedanzas literarias, como ben sabedes, transitan polo carreiro do ensaio e a miña aventura poética nace como a guerra de guerrillas: atacar e retirarse. Pero a poesía é unha ferramenta  moi potente, entre outras cousas, para canaliza-la carraxe, a rabia ou a resignación de quen observa impotente e con certa lucidez a chegada dos Xinetes da Apocalipse. Así que, velaí vai este feixe de poemas desvergonzados, da hermenéutica ó exabrupto, pura catarse. Agardo saibades desculpa-la ousadía.

Por certo, o cadro da portada é do meu amigo e magnífico pintor Francisco Sutil.

Se a algún está interesado, o poemario está dispoñible a través da web do editor, a quen lle agradezo a confianza e o risco de publicalo:

 http://www.eltallerdelpoeta.com/

Por suposto, se alguén o prefire, tamén pode contactar conmigo a través desta bitácora virtual.

TÍTULO: Á sombra de Bouza Panda

AUTOR: Rafael Quintía Pereira

ISBN:  978-84-940996-1-8

A %d blogueros les gusta esto: