• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,173 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

FALANDO DO SANTUARIO DE SAN CIBRÁN

ENTREVISTA PUBLICADA NO DIARIO DE PONTEVEDRA O 01/04/2013 CO GALLO DA FESTIVIDADE DE SAN CIBRÁN

san cibrán

Como dicía na entrevista, o santuario de San Cibrán é un dos lugares máis poderosos e especiais da xeografía relixiosa de Galicia. A súa romaría anual, os ritos que aquí se desenvolven e ser posuidora dunha caste propia de curandeiros testemuñan a importancia deste enclave da nosa Galicia espiritual e máxica.

Pero á ermida de San Cibrán non se acode só o día da romaría senón que ó longo de todo o ano a xente acudía, e aínda acode a esta pequena capela, para realizar multitude de rituais curativos, sobre todo contra o mal de ollo. Esta peculiar capela, erixida sobre un castro, foi famosa, entre outras cousas, porque aquí oficiaban os xa míticos pastequeiros (do latín Pax tecum), unha sorte de curandeiros específicos deste santuario e do veciño Santa Comba de Bértola, que dito sexa de paso, é unha santa de pasado escuro e cando menos tan estraña como San Cibrán.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100

A quen estea interesado neste santuario non lle resultará difícil atopar bibliografía etnográfica ó respecto, así que non me estenderei sobre o tema pero si lles quero deixar, para rematar, un vello ritual que recollín hai uns anos dunha veciña de Tomeza, a señora Carme de San Pedro, a quen lle agradezo a confianza de facerme depositario de tan máxico remedio.  O rito curativo, ou mellor dito esconxurador, realizábase neste santuario para sanda-lo gando afectado do mal de ollo. Segundo marcaba a tradición, había que leva-lo animal afectado da mala ollada guiándoo camiño arriba ata a vella capela de San Cibrán. Unha vez alí, cómpre dar nove voltas ó redor do templo recitando en cada volta un Nosopai e un Avemaría. Unha vez rematadas as nove voltas e recitadas as oracións pertinentes era condición fundamental para acada-la curación regresar a casa por un camiño distinto do de ida.

 VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100

Un fascinante ritual cargado de signos e códigos no cal, coa circunvalatoria procesión ó redor da ermida no sentido contrario ás agullas do reloxo, retrocedemos no tempo dun xeito simbólico cara un tempo anterior á chegada do mal. Un rito no cal, co recitado de oracións, invocámo-las forzas da divindade e o poder da palabra e  grazas a intervención do santo e a estadía no espazo sacro do santuario restablecémo-lo equilibrio natural, a orde cósmica e acadámo-la sandación desexada. Deste xeito, o animal que foi aollado vai doente a San Cibrán e regresa a casa libre de todo mal.

Sei que estas ancestrais crenzas —alicerces da nosa cultura tradicional—, hoxe en día a moita xente soaranlle a un mundo pasado, hermético e, malia ser galegos, descoñecido pero non serei eu que diga que nesta terra non acontecen tales cousas.

 VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: