Monthly Archives: Abril 2013

AUDIO DO PROGRAMA “O SOMBREIRO DE MERLÍN” NO QUE PRESENTÁMO-LO POEMARIO “Á SOMBRA DE BOUZA PANDA”

PENTAX DIGITAL CAMERA

http://www.ivoox.com/poesia-e-ourivreria-no-sombreiro-20-04-2013_md_1968699_1.mp3″

Ir a descargar

http://www.ivoox.com/poesia-e-ourivreria-no-sombreiro-20-04-2013-audios-mp3_rf_1968699_1.html

Poesía e ourivería hoxe no Sombreiro!! Pareado de sábado, co antropólogo Rafa Quintía e a ourive Susi Gesto; das verbas de Rafa quen presenta poemario para ledicia de todos nós: “Á sombra de Bouza Panda. Poemario de trincheira e maldizer” ás mans de Susi Gesto e o metal que quere ser tratado de xeito artesanal. Máis poesía con Carol Bret e novidades editoriais e culturais con Manuel Fernández e o escritor Guillerme Coen. A música? Missia.

http://www.radioobradoiro.com/portada/ro/poemas-ouriveria-no-sombreiro-merlin/idEdicion-2013-04-19/idNoticia-802280/

O POEMARIO “Á SOMBRA DE BOUZA PANDA” NO PROGRAMA DE RADIO OBRADOIRO “O SOMBREIRO DE MERLÍN”

Este sábado, de 12 a 13h no programa radiofónico “O Sombreiro de Merlín” de Radio Obradoiro, presentarase o meu poemarío  “Á  sombra de Bouza Panda”. Moitas grazas á súa directora Alicia López por terme convidado ó programa.

224999_103215563101309_2873353_n

O SOMBREIRO DE MERLÍN

Sábado (12:00 a 13:00)

Alicia López

Alicia López

Alicia López

Programa literario

O Sombreiro de Merlin é un programa de carácter literario e cultural, que se emite os sábados entre as 12.00 e as 13.00 horas. Defíneo o noso desexo de irmanar as artes, as ciencias e as humanidades co fío conductor do mundo da escrita. Polo noso espazo pasan artistas, profesores, científicos e xente da rúa que no medio do súa vida cotidián fan un oco para as artes e as letras. Interésanos a parte humana e vivencial da creación literaria e artística en xeral. O programa desenvólvese a través dunha entrevista á que segue unha tertulia sobre o tema cultural do día, no marco dun diálogo aberto. A música forma parte sempre de O Sombreiro de Merlín, onde escoitamos pezas que enmarcan o tema ou o autor do día.

O título do programa fai referencia ao mago Merlin, como coñecedor que foi das linguaxes, e o seu Sombreiro é o símbolo do recipiente no que todo cabe e no que calquera cousa se pode atopar. Esa idea de pluralidade, encantamento e sorpresa foi a idea que inspirou este espazo.

PRESENTACIÓN DA SAGA E DO ANUARIO “FOL DE VELENO” NO CENTRO GALEGO DE LISBOA

Moitas grazas ós organizadores por terse interesado no noso traballo e no noso anuario “Fol de Veleno”.

CG Antropologos

CONFERENCIA NA UNIVERSIDADE NOVA DE LISBOA

O compañeiro da SAGA Miguel Losada e un servidor daremos este venres 19 de abril unha conferencia na Universidade Nova de Lisboa organizada polo Centro de Estudos Galegos de Lisboa e a Facultade de Ciências Socias e Humanas. O noso agradecemento as estas entidades por ternos convidado a este acto. A conferencia levará por título  “Galiza-Norte de Portugal: un universo simbólico compartido”. Un pracer para nós poder achegarlles algo do noso universo cultural  (e tamén do deles)  ós irmáns lusos.

Lisboa Antropólogos 2

O FANZINE “FOL DE VELENO”: HISTORIA DO NACEMENTO DUNHA CABECEIRA

FOL DE VELENO logo

Nestes últimos días, co gallo da publicación do noso anuario de antropoloxía e historia, moitos de vós me tendes preguntado pola orixe de “FOL DE VELENO”, así que retomo e refago un antigo post para dar resposta á curiosidade espertada.

Os que foron —fomos— mozos nos anos 80 seguro que coñeceron o boom dos fanzines, que como case tódalas modas por aquel tempo chegaban ó noso país co retraso habitual. Os fanzines (do inglés fan’s magazine) son publicacións temáticas non profesionais e realizadas e producidas por afeccionados dun campo cultural ou tema determinado e caracterizados, fundamentalmente, polo seu formato feito a golpe de fotocopiadora, pola súa independencia editorial, liberdade de expresión, realización de xeito desinteresado e ausencia de ánimo de lucro, máis alá de cubri-los custos mínimos da súa produción e, ás veces, nin iso.

Xa con máis camiño andado na vida e comprobando, por unha banda a ausencia de publicacións asequibles e sinxelas sobre divulgación da etnografía e a cultura popular galega e, por outra, coñecedor do interese que estes temas espertaban en moitos amigos e coñecidos decidinme a emprende-la aventura de editar e financiar un daqueles románticos fanzines que combinase nun mesmo boletín a temática tradicional galega coa sátira, a crítica e a denuncia social. Así naceu no ano 2006 o fanzine cultural e de opinión “FOL DE VELENO” , unha humilde publicación sen ánimo de lucro pero co ánimo de dar a coñecer, dun xeito ameno e sinxelo ós distintos aspectos da cultura tradicional galega tan seriamente ameazada, en parte, polo descoñecemento e a falla de interese social. Algo que o fanzine intentaba modestamente combater. Fol de Veleno aspiraba, á vez, a ser un foro libre de opinión para a crítica social e para a denuncia dos atentados contra a nosa cultura e patrimonio, tanto material como inmaterial. Tal e como figuraba na súa portada “FOL DE VELENO” era: un fanzine cultural e de opinión para dar luz ás historias, xentes, terras e cousas dun país clandestino…Galicia.

PORTADA FOL DE VELENO FANZINE 2006_Página_1

A publicación dese fanzine foi posible grazas á colaboración desinteresada —ou mellor dito, interesada na nosa cultura— de moitos amigos e amigas que non dubidaron en achega-lo seu grao de area a este utópico e marxinal proxecto editorial. Durante os tres anos de vida que tivo o fanzine Fol de Veleno contou, a parte do traballo dun servidor, coa colaboración das seguintes entidades e autores que achegaron os seus artigos:

•Asociación cultural Os Chichisos

•Asociación cultural Os Abrentes de Cerdedo

•Asocición medioambiental Vaipolorío

•Asociación Xuvenil A Landra

•Asociación Verbo Xido

•O grupo de música tradicional Os Lerenses

•O artista João Bieitez

•A gaiteira Rosalía Rodríguez

•O pintor Francisco Sutil

•O poeta e escritor Calros Solla

•O músico e etnógrafo José Ángel Rosales

•O músico Rubén Troitiño

•A poetisa Elvira Ribeiro

•O pintor Sebas Anxo

•O músico Xosé Feijoó

•O avogado e escritor Carlos Quintía

•O poeta Joseph Ghanime

•O poeta Xosé Luís Santos Cabanas

•A artista Tais Feijoo

•A actriz e ceramista Sonia Abollo

•Marta Iglesias

Quero aproveitar esta oportunidade para dárlle-las grazas a todos eles pola súa xenerosa colaboración e por ter apoiado este humilde proxecto divulgativo.

PORTADA_Página_1

Durante os seus anos de vida “FOL DE VELENO” —como bo fanzine independente que se prece— non recibiu ningún tipo de axuda nin subvención pública, financiándose exclusivamente cos escasos recursos xerados pola súa propia distribución e polas miñas achegas, pequenas no económicas pero grandes en ilusión e traballo.

Hoxe en día, grazas ás novas tecnoloxías e co ánimo de facilita-la súa divulgación libre, tódolos artigos publicados nos fanzines “FOL DE VELENO” aparecen recollidos no blog:

http://foldeveleno.wordpress.com/

Así mesmo, aquí vos deixo os números 2006 e 2007 para a súa lectura on line, á que tamén podedes acceder a través da páxina: http://issuu.com/foldeveleno/docs/. Os contido do fanzine do ano 2008 foron publicados de xeito dixital no blog.

FANZINE FOL DE VELENO 2006

FANZINE FOL DE VELENO 2007

PORTADA FOL DE VELENO 2008_Página_1

No 2010 o Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca, ó que tiven a honra de pertencer, recolleu o testemuño desta idea e transforma o vello fanzine nunha revista de historia e etnografía. Nace así “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza” cuxo primeiro número, como anunciei no seu día neste blog, saíu á rúa en outubro do 2010. Comezaba así unha nova aventura.

portada FOL DE VELENO

No ano 2011, coa fundación da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), retomámo-lo proxecto editorial de Fol de Veleno mellorando o seu formato, a súa extensión e os seus contidos para reconvertelo en “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia”. Con este anuario de antropoloxía e historia inauguramos unha nova etapa na sempre dinámica cabeceira FOL DE VELENO, e ábrese un horizonte renovado, cheo de proxectos, esperanzas e ilusións que, con traballo e a inestimable axuda e apoio do equipo da SAGA estou certo de que poderemos sacar adiante.Fol de Veleno nº 2

Atrás quedaron aqueles anos de traballo solitario, de fotocopias grampadas e de inexperiencia editorial compensada con moita ilusión e ánimo e, que dúbida cabe, co apoio de moitos amigos. Hoxe en día o anuario “FOL DE VELENO” conta cunha equipa de perto de dez persoas entre redactores, maquetadores, deseñadores, infografistas, correctores, tradutores e debuxantes que fan posible que a publicación saía á rúa coa dignidade que merecen os seus contidos e os investigadores que nela escriben.

Fol de Veleno nº 3

Así que poden imaxina-la satisfacción que pode un sentir cando ve no que se converteu aquel  modesto e caseiro proxecto editorial que parín hai xa sete anos e polo que, xunto a tantos compañeiros (grazas especiais a João Bieites e a Miguel Losada polo seu enorme esforzo) e modestia a parte, levo loitando todo este tempo. Ás veces na vida un planta unha semente e non nace nada, outras medra un fabuloso carballo de fondas raíces e robustas pólas. Grazas a todos vós por axudarme a regalo e grazas á toda a equipa do anuario FOL DE VELENO por facer realidade este soño.

A %d blogueros les gusta esto: