• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,173 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

XEOGRAFÍAS DO HORROR I: SACHSENHAUSEN

campos

Aquela fría mañá de abril do 1994 o tren parou con puntualidade alemá na súa estación de Oranienburg. Saín á rúa e alí mesmo collín un autobús que me deixou moi perto do meu destino. Baixei do vehículo e encamiñei os meus pasos cara o campo de concentración de Sachsenhausen, na Alemaña do Leste, apenas a 30 km de Berlín, a Welthauptstadt Germania soñada por Hitler. O frío, como unha broma macabra, facía que o meu alento arremedase o fume que algún día saíu dos fornos crematorios daquel campo construído polos nazis en 1936 para confinar e exterminar a opositores políticos, socialistas, xudeus, xitanos, homosexuais e tamén exiliados republicanos españois.

marcas

Un campo polo que pasaron máis de 140.000 persoas e do que moitos miles (cando menos 30.000) non saíron xamais. Un campo que sería reutilizado polos soviéticos ata o 1950 como campo de prisioneiros onde recluíron a militares alemáns, funcionarios do partido nazi, colaboracionistas e incluso soldados prisioneiros dos aliados occidentais.

Sachsenhausen(foto de arquivo)

 Campo Sachsenhausen 1944

(Fonte: http://www.elholocausto.net)

Entrei no campo tranquilo, con interese histórico e certa curiosidade morbosa. Malia que no recinto había máis visitantes —seino polas fotos que saquei alí e porque non fun só— teño a lembranza de ter percorrido o campo na máis absoluta soidade e silencio, envolto nunha sorte de nube de irrealidade que a cada paso se ía facendo máis densa e escura, mergullado nunha atmosfera pesada e sombría que pouco a pouco me calaba os ósos como o vento siberiano que no inverno azoutaba estas terras xa acaroadas a Polonia.

forcas

(foto de arquivo)

Por moito que rebusco na miña memoria non lembro ter falado con ninguén alí dentro ni terme cruzado con outros visitantes, e iso é algo que me fai pensar en como determinados lugares inflúen na nosa percepción —suxestionándonos quero pensar— e alterando ó noso xeito de percibi-la realidade, o espazo e o tempo.

 barracóns

Visitei os barracóns de prisioneiros, as celas de castigo, o depósito de cadáveres… Paseei sen rumbo polo interior do recinto, pisei a pista onde miles de prisioneiros tiñan que marchar ata 40 km cada día sobre distintas superficies para proba-las botas militares que despois usarían os soldados do III Reich nos frontes de media Europa. Continuei deambulando, cada vez máis aturdido, parei diante dos postes onde cravaban e penduraban os prisioneiros escarmentados e sentín unha aguilloada no peito.

monumento

Mirei ó meu redor, ó fondo erguíase impoñente o monumento ás vítimas do nazismo, á esquerda, iluminados pola luz grisácea daquela fría mañá puiden ve-los alicerces en ruínas e estruturas enferruxados do que foran en tempo uns fornos crematorios e tamén o lugar onde estiveran as cámaras de gas.

fornos

A poucos metros de min, un par de coroas de flores vermellas coma o sangue derramado descansaba sobre un paredón feito de troncos onde foron fusilados 18.000 prisioneiros.

 paredón

Nun curruncho do campo próximo á alambrada electrificada, atopábase a antiga enfermería que gardaba intactos, como testemuños mudos do horror, os utensilios quirúrxicos, que aqueles homes da esvástica inmersos na tolemia do fanatismo, empregaron para face-los seus sádicos experimentos médicos. Verdugos disfrazados de científicos dirixidos por Werner Fischer probaron naqueles desgraciados prisioneiros vacinas, soros e medicamentos para o tratamento de enfermidades contaxiosas como a malaria, o tifo, a tuberculose, a febre tifoidea, a febre amarela ou a hepatite infecciosa. Tamén someteron ós presos a experimentos con fósxeno, gas mostaza  e outras probas de resistencia física como as probas de aguante á conxelación.

BERLÍN EXPONE LAS FOTOS PRIVADAS DEL PRIMER COMANDANTE NAZI DE SACHSENHAUSEN

(foto de arquivo)

As parades daquel santuario da dor adobiábanse con fotos de experimentos e cos rostros dos pobres desgraciados que sufriron nas súas carnes a barbarie daqueles mal chamados médicos nazis. Fotos que amosaban os rostros de homes, mulleres e nenos cuxos ollos viron cara a cara a faciana do mal, o rostro que ninguén querería ver xamais. Uns ollos que agora me observaban e berraban dende as paredes daquela enfermería reconvertida no inferno facendo que tivese que fuxir de alí coa alma fendida.

escanear0007 - copia

Un silencio enorme, case aplastante como unha lousa mortuoria de mármore negro asfixia o visitante que percorre aquel universo espazo-temporal do terror. Camiñei cara á porta escoitando tan só o son das miñas pegadas sobre a terra. A mesma terra que outros pisaron antes con menos sorte ca min. A mesma terra e o mesmo aire que conten todo o horror que cabe na alma e na mente do ser humano.

 alambradas

Camiñei cara á porta do campo, un cínico “Arbeit macht frei” (o traballo fai libre) daba a benvida a aquel recito tenebroso. Crucei aquela porta de ferro pechándoa tras de min, como intentando conter ou reter todo o mal que había dentro, o mesmo que había fóra e co que xantamos cada día a golpe de noticias no televexo. Senteime na beirarrúa e chorei. 

porta

Advertisements

Unha resposta

  1. Reblogueó esto en Asturgalicia Noticiasy comentado:
    Add your thoughts here… (optional)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: