XACEMENTO ARQUEOLÓXICO DE COESES: SAÍMOS DE GUATEMALA E METÉMONOS EN GUATEPEOR

Hai un par de días celebrábamos a boa nova de que o túmulo de Coeses non ía ser destruído polas obras da autoestrada AP-54. Pouco durou a alegría, hoxe vemos a outra cara da moeda…de Xudas. Fomento anunciou que vai desvia-lo trazado da autoestrada pero faino cara o lado onde se atopa un dos xacementos máis importantes e escasos dos que se teñen descuberto nos últimos anos: unha necrópole da Idade do Ferro posiblemente vinculada ó castro Valente e ó túmulo-círculo lítico de Coeses.

 Una autovía de Fomento atravesará por el medio un yacimiento único _ Galicia _ EL PAÍS_Página_1Una autovía de Fomento atravesará por el medio un yacimiento único _ Galicia _ EL PAÍS_Página_2

 

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/05/31/galicia/1370025385_803253.html

Estamos ante un xacemento inédito en Galiza, no que se atoparon numerosos restos de lumes, probabelmente de pías funerarias, e vasos funerarios. Os propios técnicos de Patrimonio teñen alertado da importancia do aquí descuberto.

389663_4258112110638_1974244258_n

5232_4258110470597_1880086685_n

Sempre se dixo, a xeito de brincadeira —mestura de tópico e falta de traballo de campo—,  que dos galaicos da Idade do Ferro (iso que algún chaman castrexos) se sabía onde vivían pero non onde se enterraron. Pois ben, agora temos unha oportunidade escepcional de estudar unha desas necrópoles perdidas e esclarecer unha faceta moi importante da vida, das crenzas  e da sociedade dos nosos devanceiros que, no plano cultural,  é como falar de nós mesmos e de onde vimos.

1574_4258103590425_1103397568_n

O Ministerio de Fomento, amosando o desleixo habitual e bárbaro por todo o que supón o coñecemento histórico e cultural do noso pobo, quere agora pasar por riba deste valioso achádego. Non ten sentido salva-lo túmulo de Coeses e destruir esta necrópole, pois está claro que todos estes elementos forman parte dun mesmo contexto arqueolóxico e posiblemente cronolóxico: castro, necrópole e túmulo. A importancia deste achádego, tan infrecuente na nosa terra, fai aínda máis necesario a conservación de todo o complexo.

601333_4258115990735_953926357_n

Dende aquí súmome á denuncia deste novo atentado terrorista contra o noso patrimonio e como cidadán esixo que se paren as obras que poñen en perigo este achádego, se estude en profundidade, se divulguen os resultados e se conserve e poña en valor o xacemento se é que é viable tecnicamente. Anímovos a todos vós a denuncia-los feitos e a ver se coa presión social conseguimos de novo deter esta barbarie.

Agradezo as fotos cedidas por Carlos Bello.

Advertisements

Unha resposta

  1. […] Xacemento de Coeses: de mal en peor […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: