• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,173 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

A EXPOSICIÓN “AS PONTES DE PONTEVEDRA”

pontes

CAM00395

CAM00386

Este pasado xoves 27 de xuño inaugurouse no claustro do convento de San Francisco (Pontevedra) a exposición “As pontes de Pontevedra”. Un interesante evento cultural organizado polo concello de Pontevedra e no que tiven o pracer de colaborar cuns textos para os paneis explicativos e cun artigo sobre a simboloxía das pontes e a súa importancia nos ritos e na literatura oral galega que se editou no libro que recolle a exposición.

CAM00401

La ciudad de los 300 puentes - Faro de Vigo_Página_1

A exposición estará aberta ata o 31 de xullo en nos seguintes horarios:

Martes a xoves: de 17 a 21h

Sábados: de 11 a 14h e de 17 a 21h

Domingo: de 11 a 14h

CAM00399

CAM00379

CAM00393

Dende aquí recomendo a súa visita para coñecer un pouco máis o mundo das pontes, ese patrimonio tan noso, neste país dos mil ríos, e que acabou dando nome á vila de Pontevedra.

La ciudad de los puentes_Página_1La ciudad de los puentes_Página_2

Diario de Pontevedra - Pontevedra saca a relucir sus viaductos y gallipuentes_Página_1

'De ponte en ponte', porque explicar la historia de Pontevedra sin los puentes es imposible - Pontevedra Viva_Página_1'De ponte en ponte', porque explicar la historia de Pontevedra sin los puentes es imposible - Pontevedra Viva_Página_2

A continuación achego o texto do meu traballo para esta exposición, tanto o texto publicado nos paneis e no libro como o texto íntegro do artigo:

As Pontes de Pontevedra_Página_1As Pontes de Pontevedra_Página_2As Pontes de Pontevedra_Página_351ccaa58095f9-img_8462(Orixe desta fotografía: http://pontevedraviva.com)

AS PONTES DE PONTEVEDRA.

Símbolo, ritos e literatura oral

Rafael Quintía Pereira

Antropólogo

O Valor simbólico das pontes

En Galicia as pontes son lugares de enorme carga simbólica, enclaves especiais da nosa xeografía sagrada e mítica, son o espazo onde fan acto de presenza as forzas máxicas e por este motivo foron lugares de encontro co descoñecido ou lugares especiais para a celebración de curaciones e ritualidades varias. A ponte, asemade que construción arquitectónica, representa a unión entre dous espazos separados, pero as pontes, no plano simbólico, non só unen senón que tamén transpoñen, no senso de superar. É por iso que moitas veces se ten representado unha ponte unindo o Ceo e a Terra, ponte que, a miúdo, adquire a forma do Arco da Vella. Non é de estrañar entón que, debido á súa función de mediador entre este mundo e os mundos superiores, aos emperadores romanos, coma aos papas, se lles llamase pontifex (construtor de pontes). A ponte, polo seu caráctert liminal,  representa tamén o camiño que deben seguir as almas dos mortos no seu transo cara ao Alén.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Pontes e rituais: o bautismo prenatal

As pontes non só formaron parte da nosa historia e das nosas lendas senón que tamén foron escenario e actores de vellos ritos e ancestrais crenzas. Quizais o rito galego máis famoso relacionado coas pontes e o seu carácetr simbólico sexa o coñecido como bautismo prenatal ou bautismo anticipado. Cando un matrimonio sufrira repetidos abortos, falecementos do bebé no parto ou mortes prematuras dos seus fillos recorría a este rito como remedio preventivo para evitar que a desgraza volvese repetirse. Para iso era necesario bautizar o neno antes de nacer, é dicir,  cando aínda estaba no ventre da nai.  O bautismo prenatal celebrábase en Pontevedra na Ponte do Burgo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Este rito bautismal executábase ás doce da noite e, preferiblemente, o último sábado de mes. Aínda que existen diferentes variantes, a ritualidade fundamental consistía na seguinte: levábase a  muller embarazada a unha ponte baixo a que correse un río e na que houbese no seu centro un cruceiro ou, no seu defecto, nas inmediacións da ponte. A muller tiña que chegar ao lugar un pouco antes da media noite e ir acompañada de homes e mulleres da súa confianza que portaban unha cesta chea de comida e un  garrafón de viño. Unha vez na ponte,  colocábase a embarazada no centro dela e ao seu lado un fanal aceso. Os acompañantes sitúanse en ambas as dúas entradas da ponte co obxecto de impediren que pase ninguén antes da hora sinalada e que tampouco  se coe ningún animal. Todo o procedemento debía facerse en completo silencio, utilizando para comunicarse unicamente xestos. Tan pronto chegaba o primeiro viandante era parado e facíaselle esperar ata as doce en punto, nese momento a persoa da comitiva que vixiaba a entrada da ponte pola que aparecera o camiñante rompía o silencio e dirixíase a el rogándolle que fixese o favor de bautizar a criatura no ventre da nai. Unha vez aceptada a encomenda, achegabánse a onde ficaba a embarazada e había que dicir:

 Hombre o mujer que vienes de fortuna,

bautízame esta criatura

En resposta, o improvisado  padriño —ou madriña— botaba sal sobre o seo da nai e auga bendita sobre o seu ventre preñado á vez que recitaba o seguinte ensalmo:

 Si é home Manuel se le pone,

si é muller Isabel.

Criatura te bautizo en el nombre del Padre,

del Hijo y del Espíritu Santo. Amén.

O nomes citados no ensalmo son xenéricos e adoitaban cambiarse por aquel elixido pola nai. Outras veces, cando o bautismo se celebra sobre un río cuxas augas se mesturan coas do mar, prescindíase do sal e da auga bendita e  bautizabáse o ventre da nai con auga do río. Unha vez rematada a cerimonia, a muller cambiábase de roupa e antes de regresar á casa procedían todos xuntos a dar conta das viandas e do viño. O que sobrase do ritual banquete debía arroxarse ás augas do río.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA ponte do Burgo

As pontes na literatura oral

As pontes, as pontellas, os pontillóns, os pasos ou poldras, como elementos arquitectónicos fundamentais na construción e humanización da paisaxe, acompáñannos dende que o home se botou a percorre-los camiños desta terra nosa. Moitos deles non só teñen un indubidable valor artístico, histórico e/ou etnográfico senón que son depositarios tamén dun fondo e importante patrimonio inmaterial. Do mesmo xeito que unen as dúas beiras dun río, as pontes unen o patrimonio material e o inmaterial nun mesmo elemento arquitectónico e simbólico.

 Pontes que dan nome a vilas como Pontevedra ou a parroquias como Ponte Sampaio. Refráns que teñen as pontes como referente climatolóxico —En setembro, ou secan as fontes ou os ríos levan as pontes—,  ditos nos que a ponte se amosa como unha sorte de reloxo para indica-lo transcorrer do tempo —Xa pasou moita auga por debaixo da ponte—, cantigas nas que as pontes son testemuñas de amoríos, de brincadeiras, de traballos e doutros retazos da vida:

Pasei a Ponte Sampaio,

paseicha nunha carreira.

Que me quería prender

unha rapaza solteira.

 OLYMPUS DIGITAL CAMERAA ponte de Ponte Sampaio

O cura foi ó muíño

e caeu da ponte embaixo.

Correde, nenas, correde

que vai polo río abaixo.

 

Debaixo da ponte do río,

pasaba un barco de vela

cargado de homes mozos,

todos son de Pontevedra.

Contos e lendas fan constante referencia ás pontes que debido ás súas particularidades foron atesourando unha rica mostra da nosa literatura oral. Contos de tesouros agochados baixo a ponte do Batán na parroquia de Salcedo, lendas de pontes construídas polo demo nunha soa noite, pontes feitas polos mouros, pontes que teñen encantamentos, pontes que gardan historias de heroicas batallas como a Ponte Bolera ou a Ponte Sampaio… e xa se sabe que  ó inimigo que foxe, ponte de prata.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

As pontes, sobre todo as que cruzaban ríos, tamén foron lugar de xogo de nenos e mozos. Así fica na memoria dos pontevedreses que antano foron nenos a antiga ponte do ferrocarril que cruzaba a ría de Pontevedra alí onde esta se bica co Lérez, ponte que foi improvisado trampolín de mozos que facían gala da súa valentía lanzándose ó río dende o alto da vella estrutura de ferro. Non faltaba quen se atrevía a facelo dende a ponte da Barca e o mesmo se facía na ponte do tren que une Monteporreiro e Lérez.

As pontes, as pontellas, os pontillóns, os pasos ou poldras, valedores da nosa cultura inmaterial pois de igual xeito que non hai pobo sen contos e lendas,  non hai ponte sen río nin muíño sen rodicio.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Advertisements

Unha resposta

  1. Reblogueó esto en AsturGalicia Noticiasy comentado:
    Add your thoughts here… (optional)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: