• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,229 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

REFLEXIONANDO SOBRE O CONCEPTO DE FRONTEIRA

Ultimamente, visito moito o norte de Portugal, por iso hoxe me gustaría reflexionar en voz alta sobre un concepto que coido interesante: a idea de fronteira. Vaia por diante que eu non son moi amigo das fronteiras, entendidas estas como barreiras separadoras de estados, países ou nacións (aplique cada un a distinción que queira). Non me gustan as fronteiras de “toda a vida”, nin as novas, nin as que se queiran facer. Máis que nada porque, moitas veces, ademais de estados, as fronteiras serven separan pobos e culturas e iso xa é máis problemático que o establecemento xeopolítico dun mero límite administrativo da soberanía territorial dun estado. Pero, como bo galego practicante, debería dicir que non son moi amigo das fronteiras pero tampouco son un acérrimo inimigo… ás veces. Xa me entenden, ou no? Pois iso…

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Pero de que falamos cando falamos de fronteiras? Poderiamos defini-la fronteira como o confín ou límite territorial dun Estado, pero non deberiamos esquecer que Estado, Cultura e Pobo non son o mesmo aínda que ás veces se confundan. As fronteiras poden ser naturais (un accidente xeográfico, por exemplo) ou artificiais (calculadas mediante coordenadas xeográficas). As fronteiras son, pois, creacións ou artificios político-administrativos estreitamente vinculados ó concepto de Estado-Nación e de Soberanía que, ás veces, pouco ou nada teñen que ver coas verdadeiras fronteiras culturais, cos diferentes lindes entre culturas e etnias (entédase etnia como grupo cultural e non como raza), e coa distribución e extensión xeográfica dun pobo. Sobran os exemplos, pero para non complicármonos moito e que se entenda ben podería cita-los pobos samis e tuaregs, pobos ámbolos dous cuxas áreas culturais van máis aló das fronteiras dun Estado.

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

As fronteiras son moitas veces lugares enriquecedores, como toda xeografía liminal, sexa esta simbólica ou real. Son verdadeiras interfaces culturais, lugares de encontro, intercambio e comunicación, aínda que estas estean controladas, vixiadas e restrinxido o tránsito por elas.  Iso é precisamente o que acontece entre a Galiza e o Norte de Portugal onde un río —o Miño— e unha liña no mapa —a raia seca— foron sempre máis membrana permeable entre pobos de cultura compartida que fronteira estanca e diferencial entre estados.

 OLYMPUS DIGITAL CAMERAPonte internacional do Miño, entre Tui e Valença

Pero outras veces, por desgraza, as fronteiras funcionan como mecanismos fragmentadores das realidades culturais, illándoas, esnaquizándoas e reducindoa a unha colección de individualidades dispersas e inconexas. É dicir, segmentando fenómenos culturais que son únicos e compartidos por unha grande colectividade ou pobo, malia as artificiosas divisións nacionais.

 DSC_3616

Marco delimitatorio da fronteira en España e Portugal

Quizais me equivoque, pero esa é a sensación que teño cando visito, por exemplo, o Barroso portugués e falo coas súas xentes, e esa foi tamén a sensación que tiven o outro día cando, camiñando por terras da raia seca, topei coa fronteira entre Galiza e o Norte de Portugal. Alí estaba fronte a min, cruzando un camiño forestal que comunica aldeas veciñas pero de estados diferentes.

DSC_3621 - copiaA Raia seca, entre Galiza e o Norte de Portugal

Recoñezo que fiquei asombrado ó ver fisicamente a raia que sae no mapa político da Península Ibérica, unha raia artificial feita realidade sobre o terreo mediante un suco labrado na terra que se estende cara o horizonte. Velaí a Raia Seca, velaí a suposta fronteira entre dous pobos e culturas. Non sei que pensarán vostedes pero eu cando vexo ese rego fronteirizo danme ganas de botar patacas nel. Polo menos, e co que asoma polo horizonte,  serviría para alimentar ás xentes dun e doutro lado. Xa se sabe, postos a comparti-los alimentos, mellor facelo entre irmáns.

 DSC_3621

Advertisements

2 Respostas

  1. Una reflexión que creo compartimos máis de dous persoas, Rafa, e que se extende en modo xeral a Pobos colindantes no Globo. Agradecido polo Pensamento e por levarme de viaxe coas túas fotografías. Saudo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: