PUBLÍCASE “ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA”

DSC_0658

Hoxe é un día de felicidade para min. Despois de oito anos de traballo por fin ve a luz o meu último libro “Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega”. Atrás fican infinitas horas de investigación, ducias de entrevistas e viaxes por todo o país na procura dos misteriosos alicornios. Quedan tamén atrás as peripecias editoriais e máis dunha promesa incumplida. Remata o libro pero non a miña particular aventura de afondar nos misterios do obxecto de poder, ó meu entender,  maís fabuloso da tradición galega. Quero dar publicamente o meu agradecemento a todos aqueles que me axudaron neste traballo, aparecedes debidamente citados no libro.  Grazas primeiramente ós meus informantes -auténticos valedores deste tesouro etnográfico-,  a aqueles que me facilitaron o acceso a eles apadriñándome nas miñas pesquisas en terras das que non era veciño, ós que me cederon imaxes, ós meus queridos amigos Paco Sutil e João Bieites e á miña irmá Myriam polos debuxos realizados para esta obra, ós compañeiros da Sociedade Antropolóxica Galega por considerar que merecía a pena publicar este traballo e ó admirado Antonio Reigosa polo seu xeneroso e entrañable prólogo. Moitas grazas a todos, compañeiros.

Se algún está interesado neste traballo pode pórse en contacto comigo a través deste blog ou ben remitirse á Sociedade Antropolóxica Galega a través do seu blog.

miniatura portada alicornio - copia

ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

Datos técnicos:
Autor: Rafael Quintía Pereira
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión: Branco e negro
Tamaño:20.5×15
370 páxinas
Ano: 2013
I.S.B.N.: 978- 84-616-5814-5

O unicornio é, posiblemente, un dos animais míticos máis universais. Ó seu corno –o alicornio- atribúenselle dende a máis remota antigüidade propiedades sandadoras contra tódolos velenos e moitos máis prodixios. En Galicia, a crenza nos poderes curativos do alicornio callou fondo converténdose a máxica hasta no amuleto por excelencia para cura-lo mal de pezoña e outras doenzas da pel. Neste traballo etnográfico o autor fai un extenso percorrido polo mundo do alicornio e as súas virtudes e ofrécenos unha viaxe na procura dalgúns dos poderosos alicornios que aínda están activos na nosa terra.

Advertisements

7 Respostas

  1. Reblogueó esto en AsturGalicia Noticiasy comentado:
    Add your thoughts here… (optional)

  2. Antes que nada, enhorabuena! Y segundo, como hago para tener ejemplar? Un bico

  3. […] Publícase “Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega” […]

  4. Non recordo haberte coñecido persoalmente , aparecícheme polo Face , pero o asunto do libro interésame moito , moitas gracias polo tempo empleado no traballo e moitas felicidades . Tamén pregunto , onde se pode mercar ?? .

    • Boas Miguel, graciñas polas túas palabras. Se me dis onde vives dígoche en que librería se pode adquirir ou se prefires podes mandarme un email cos teus datos á dirección de contacto que hai no blog e podemos mandarche o libro a casa.

      • Eu vivo no concello de Abegondo , por certo dixéronme fai poucos anos dunha sra. dunha aldea preto da miña , que aínda hoxe de cando en vez utiliza unha pedra sanadora .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: