• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 113,436 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

CREAMOS O “ROTEIRO DAS MOURAS”

Comentaba o outro día no meu facebook que había algo máis dun ano laiábame neste meu blog do estado de esquecemento no que estaban os muíños do Batán, na miña parroquia de San Martiño de Salcedo. Os muíños do Batán e do Outeiro son unha fermosa mostra de tecnoloxía hidráulica formada por nove muíños que se distribúen ó longo das dúas veiras do río Batán, tamén coñecido como Outeiro, Cubela ou das Frailes.

https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2012/04/14/muinos-do-batan-un-tesouro-etnografico-a-sombra-de-bouza-panda/

Hoxe podo anunciar con ledicia que a contorna dos muíños do Batán está a ser recuperada e os muíños serán consolidados e restaurados a partir deste domingo grazas á colaboración dos veciños, de asociacións como Heroes do Campo da Porta , da Comunidade de Montes de Salcedo e do concello de Pontevedra que ven de realizar obras de acondicionamento das beiras do río e de acceso ós muíños.

994616_343149039165205_1683959448_n

Co aquel de axudar a pór en valor este rico patrimonio do río Batán, así como algún dos importantes xacementos arqueolóxicos que hai nesta parroquia e, sobre todo, revalorizar e divulgar o importante patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo veño de deseñar un roteiro que bauticei co nome de “Roteiro das Mouras”, pois o seu percorrido transcorre entre aquelas xeografías míticas da parroquia onde as mouras teñen o seu máxico hábitat. Unhas topografías marabillosas conformadas polos petróglifos do Mato das Cruces e do Outeiro das Mouras, polo célebre castro das Croas, pola ponte do Batán (acubillo de tesouros) e polos muíños cheos de historias que adobían este regato que, nacido nos cumios de San Martiño e entre campos tumularios, dá de beber ó río Tomeza.

roteiros_tematicos_do_patrimonio_rural

Esta fin de semana, e grazas a que o concello de Pontevedra na persoa de Luís Bará decidiu incorpora-lo percorrido nos Roteiros Temáticos do Patrimonio Rural, farémo-la primeira edición do mítico roteiro. Grazas ó traballo que estamos a desenvolver dende a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración co concello de Pontevedra, o roteiro será en breve editado nun díptico que estará dispoñible para todo aquel que queira perderse pola súa conta nos camiños do noso patrimonio oral e material. Para os que gusten de compaña nos seu camiñar, agardámolos a todos o sábado 12 para descubrir todos xuntos a maxia e as lendas das mouras que aínda habitan nos recunchos máis segredos de Salcedo.

Caminar para disfrutar de nuestro patrimonio - Faro de Vigo_Página_1

O ROTEIRO DAS MOURAS

Lendas, etnografía, arqueoloxía e natureza nun roteiro máxico pola cultura e as terras de San Martiño de Salcedo

serpe

O roteiro das Mouras é un percorrido cultural que pretende unir e pór en valor parte do rico patrimonio etnográfico, arqueolóxico e inmaterial da parroquia de San Martiño de  Salcedo.  Esta rota, que xira en torno ás moitas lendas de mouras que posúe esta parroquia pontevedresa, parte do Monte das Croas, antigo castro protagonista da famosa lenda da moura do monte das Croas, recollida por José Casal y Lois alá polo 1866 e que sería publicada e popularizada na obra de Leandro Carré Alvarellos “Las leyendas tradicionales gallegas”. A moura das Croas habita nun pazo soterrado baixo o castro e na súa encantada morada garda grandes tesouros e alfaias.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Tras a visita ao castro, emprendemos a nosa andaina visitando os muíños do Batán, un conxunto de muíños —magnífico exemplo da tecnoloxía preindustrial— de grande interese etnográfico ancorados no fermoso treito do río Batán, ou Outeiro, que discorre entre a AP9 e a ponte do Batán, baixo a cal, segundo a lenda, se agocha tamén un fabuloso tesouro encantado.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Monte das Croas,

Ponte do Batán,

Fonte de clara auga fría

Monte de Samariné,

Tiran co ouro as ovellas

E non saben ó que é.

 OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Os muíños do Batán son un conxunto formado por catro muíños de rodicio horizontal, tres deles de planta rectangular e teito a unha auga, e un máis grande, dotado de vivenda, cunha interesante canle de condución de auga rematada nun cubo e provisto de dous infernos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Vamos deixando os muíños atrás mentres percorremos o frondoso tramo de río  ata chegar á autoestrada, onde tomaremos unha pista de terra que discorre a carón da AP9 e que, tras un treito de subida, nos conducirá ata o barrio da Esculca, onde poderemos visitar os petróglifos de Mato das Cruces (+42° 23′ 35.43″, -8° 38′ 40.74″). Esta máxica peneda rupestre está habitada por fermosas mouras que, á parte de iren ao fiadeiro a bailar, tamén tiñan por costume pór a clareo as súas roupas sobre esta laxe gravada.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Dende a Esculca podemos dirixirnos cara ao lugar de Birrete e volver ao monte das Croas, onde rematariamos o percorrido, ou optar por un percorrido máis amplo encarreirando os nosos pasos cara ao barrio da Armada.

DSC_4656

Xa na Armada tomaremos a pista que, circundando o recinto da Brilat, conduce ao Outeiro das Mouras ou Chan das Mouras. (+42° 23′ 23.13″, -8° 39′ 54.68″).Neste lugar do monte comunal de San Martiño podemos visitar os valiosos petróglifos do complexo rupestre de Regato dos Buratos ou Outeiro da Mina, e que tan fermosas lendas atesoura.

DSC_1246

Mouras encantadas que se converten en serpe, mouras que encerran tesouros baixo as penedas, máxicas laxes ocas e indestrutibles… todas se dan cita neste lugar.

DSC_1243

O roteiro continua baixando polo camiño veciñal que cruza o antigo campamento urbano da Brilat, cruzando o lugar do Navalexo ata a Armada e  percorrendo as marxes do río Cubela, chamado tamén Outeiro ou Batán,

DSC_1270

No lugar do Outeiro podemos gozar doutra importante mostra de muíños de grande valor etnográfico e que foron restaurados entre os anos 2012-2013 polos veciños de Salcedo. Seguindo a beira do río, adobiada con cinco muíños, chegamos de novo á  mítica ponte do Batán.

E aquí, aos pés do non menos mítico castro do Monte das Croas, damos por finalizada a nosa andaina na procura das mouras que aínda habitan nas lendas e nas xeografías da parroquia de San Martiño de Salcedo.

 

DATOS TÉCNICOS:

Punto de partida: Monte das Croas

+42° 23′ 46.69″, -8° 39′ 4.34″

42.396302, -8.651205

Dificultade: baixa

Distancia: 2-4 km segundo o percorrido

Tempo estimado:de 1 a 3 horas, segundo a rota

roteiro das mourasMapa: João Bieites

Debuxo moura: F. Sutil

Fotos e textos: Rafa Quintía

Advertisements

Unha resposta

  1. […] “Roteiros de Pontevedra (Salcedo): As Mouras”, elaborada por Rafael Quintía, autor do blogue Á sombra de Bouza […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: