CRÓNICA FOTOGRÁFICA DA 1ª EDICIÓN DO “ROTEIRO DAS MOURAS”

Este pasado sábado celebrouse a primeira edición do “Roteiro das Mouras”. Un roteiro que pretende dar a coñecer parte do rico patrimonio material de Salcedo e, sobre todo, pór en valor e dignifica-la nosa tradición oral, neste caso a que xira en torno ás lendas das mouras. O éxito da convocatoria foi total, o que nos anima a seguir traballando nesta dirección e nos confirma que cada vez é máis a xente interesada no coñecemento, na defensa e a protección do noso maior tesouro como pobo: o noso patrimonio inmaterial e material. Son cada vez máis, afirmo, pero aínda non son suficientes para inverte-lo proceso destrutor e desintegrador do noso legado herdado como pobo no que nos vemos inmersos. Cómpre, pois, seguir traballando. Poden estar certos de que volveremos repetir este ano o roteiro das Mouras, as veces que faga falta, con nenos dos colexios, cos veciños de Salcedo ou das parroquias veciñas, con calquera colectivo cidadán que estea interesado neste proxecto cultural e social. Volveremos na procura das mouras e estamos traballando xa en novos proxectos nesta liña de revalorización e descuberta da nosa historia, do noso patrimonio e da nosa literatura oral: a verdadeira literatura —aínda que esquecida— deste pobo noso.

Moitas grazas  a tódolos que participáchedes o sábado neste roteiro, á Comunidade de Montes de Salcedo e á asociación Heroes do Campo da Porta pola súa colaboración neste proxecto e pola súa sensibilidade na defensa do noso patrimonio. Grazas tamén ó concello de Pontevedra e ó concelleiro Luis Bará por incluir este roteiro dentro do programa de Roteiros Temáticos do Patrimonio Rural e polo seu apoio ós proxectos de recuperación do patrimonio que estamos levando a cabo nesta parroquia de Pontevedra.

Non baixémola garda, aínda hai moito que facer e moito treito que andar. Ánimo e grazas a tódolos colectivos e particulares do país que traballades a reo nesta liña a prol da nosa cultura e do noso patrimonio natural, material ou inmtarial,  e non esquezades nunca que toda grande viaxe comeza cun primeiro paso.  Avante a toda!!

DOSSIER DE PRENSA

diarioDiario de Pontevedra

faro de vigoFaro de Vigo

faro 12 outubroFaro de Vigo

 «Na procura das mouras» por el Monte das Croas de Salcedo_Página_1«Na procura das mouras» por el Monte das Croas de Salcedo_Página_2La Voz de Galicia

CRÓNICA FOTOGRÁFICA

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Contando a lenda da moura do Monte das Croas

0

2.1No muíño da Xila, escenario de contos e de ritos curativos

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Deixando atrás os muíños do Batán e o tesouros que se agocha baixo a ponte do río

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Camiñando a carón do río Batán

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100No Mato das Cruces, contando a lendas das mouras que habitan neste petróglifo

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Nos petróglifos do Outeiro das Mouras. Tesouros, mouras, encantamentos e mil lendas máis

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Deixando atrás os muíños do Outeiro e rematando o roteiro camiño do muíño do Firo, quen estivo en tratos coas mouras

escanear0010

%d bloggers like this: