• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,229 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

COS RAPACES DISCAPACITADOS DE “JUAN XXIII” DE ROTEIRO CULTURAL POR SALCEDO

Este pasado sábado 16 tiven o pracer de guiar nun roteiro cultural por Salcedo os rapaces do centro de formación de persoas con discapacidade intelectual Juan XXIII de Pontevedra. Ó grupo de rapaces e monitores tamén se lle uniron outras persoas que se interesaron nesta andaina enmarcada dentro dos actos da II Xornadas de Pinchos e Tapas que a Sociedade Deportiva e Cultural Salcedo organiza dende o ano 2012 para recaudar fondos para as súas actividades.

É moi gratificante para un ve-lo interese e entusiasmo que poñen os rapaces de Juan XXIII en tódalas actividades que fan.  Foi un auténtico pracer gozar da súa receptividade cara as historias e lendas que lle puiden contar ó longo do percorrido. Os meus parabéns para os monitores e esperemos poder seguir facendo cousas xuntos.

  VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100O grupo de participantes no adro da igrexa de San Martiño de Salcedo, onde se garda en cogre de chumbo o corazón do arcebispo Malvar.

PERCORRIDO:

Comezamos a nosa andaina na igrexa de San Martiño, templo parroquial onde, entre outras curiosidades que contaremos, se garda o corazón do arcebispo Malvar. Baixamos por diante do cemiterio, deixamos atrás a antiga casa da Sociedade de Agricultores e nos diriximos ao lugar do Cruceiro, onde poderemos contemplar dous exemplos dos numerosos cruceiros que existen na parroquia de Salcedo.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100No pazo de Boullosa ou dos Miradores

Dende aquí iremos cara a O Carramal onde nos achegaremos ata o pazo dos Miradores (Granxa de Boullosa) para contemplar esta magnífica mostra de arquitectura solariega galega e refrescarnos na súa fonte de augas puras.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100No castro do Monte das Croas, explicando o castro e contando a mítica lenda da moura do monte das Croas.

Encarreiramos, a continuación, os nosos pasos cara a Birrete para parar no Monte das Croas, un dos castros máis importantes do concello de Pontevedra. Visitarase este xacemento arqueolóxico e, unha vez explicada a súa importancia e narrada algunha das lendas que atesoura, tomaremos o sendeiro que discorre paralelo ao río Batán ata chegar a autoestrada AP9.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Un pouco de etnografía nos muíños do Batán, en pleno proceso de restauración e posta en valor.

Neste fermoso treito de río poderemos visitar catro muíños de grande valor etnográfico, un manancial de augas curativas e coñecer algunha das historias e contos que teñen por escenario este frondoso paraxe.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100A carón do olleiro de augas curativas do muíño da Xila.

Unha vez chegado á pista e servizo da autoestrada dirixirémonos primeiramente cara á Cancela para tomar despois o camiño que vai ás Veigas do Río, outro dos lugares vinculados á mitoloxía da parroquia.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Nas Veigas do río, couto de caza do temido Rachador e morada de serpes xigantescas.

Dende aquí continuamos pola pista que conduce ata a parte baixa do lugar do Carramal para saír na estrada que baixa ata a Misión Biolóxica. No lugar da Carballeira tomaremos o vello camiño do cemiterio, deixando á nosa dereita o Pazo de Gandarón (hoxe Misión Biolóxica de Galicia), ata chegar ao cruceiro de Tarabelo.

Collemos agora a man dereita cara ao lugar de  Cabanas, pasando polo edificio que ía ser casa do antigo concello de Salcedo e facendo un alto nos petróglifos de Pozo da Escribana, boa mostra do valioso arte rupestre da parroquia.

Bordeando o Monte do Castro chegaremos ata o pavillón de Cabanas onde daremos por finalizado o noso percorrido.

VLUU L100, M100  / Samsung L100, M100Parte do grupo ó final do percorrido no monte do Castro de Cabanas.

ORGANIZA: S.C.D. SALCEDO

 GUÍA: Rafael Quintía Pereira

Lugar de saída: Igrexa de Salcedo

Lugar de chegada: Pavillón de Cabanas

Hora de saída: 10h

Duración: 2 horas e media

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: