ZAPATITOS DE CHAROL

Hoxe, 25 de novembro, Día Mundial Contra a Violencia de Xénero deixo aquí o meu modesto homenaxe tirado do meu poemario  “Á sombra de Bouza Panda. Poemario de trincheira e maldizer”.

     

       “Zapatitos de charol

Entrou no coche,

como tantas veces ó día.

Naquel coche

que sempre é o mesmo

aínda que o conduzan

homes distintos.

 

Pararon naquel camiño sen saída,

naquel edén decadente e improvisado.

Nun xardín sementado de clinex

e preservativos queimados polo sol.

 

Non era o que sempre soñara

pero era un traballo.

Ninguén soña con iso,

ninguén di: “mamá

de maior quero ser puta”.

 

Pero ás veces

a vida non pregunta,

non dá opción

e un acaba nun camiño sen saída

e nunha vida sen rumbo.

 

Sentiu o peso daquel home sen rostro,

e puido uli-lo seu cánido alento,

mentres sufría a luxuriosa cadencia

das súas arremetidas salvaxes.

 

Observou o seu rostro reflectido

no espelliño do parasol e lembrouse

daquel tempo en que foi feliz.

Daquel tempo da súa infancia

cando era tan só unha nena.

 

Aquela nena que sempre estreaba

zapatitos de charol

o Día da Palma.

CONFERENCIA NA UNIVERSIDADE DE DEUSTO: “O MUNDO DA MORTE, OS DEFUNTOS E AS ÁNIMAS NA CULTURA GALEGA”

Este mércores 27 de novembro ás 19.30h impartirei unha coneferencia na Sala Garate do Campus de Bilbao da Universidade de Deusto. É para min un auténtico pracer e un honor poder ir a Euskadi a falar dun aspecto tan fascinante da nosa cultura. O meu agradecemento a Paulo O´Lema, da  Cátedra de Estudos Galegos da Universidade de Deusto, por terme convidado. O xoves 28 repetiremos conferencia en Vitoria. Se a alguén lle queda de paso e ten ganas, alí nos vemos.

561984_384617425004961_835701149_n

%d bloggers like this: