Monthly Archives: Novembro 2013

O LIBRO “ALICORNIO” NO SUPLEMENTO “REVISTA” DO DIARIO DE PONTEVEDRA

RESEÑA PUBLICADA O PASADO DOMINGO 10/11/2013) NA SECCIÓN “ANAQUEL DOS LIBROS” DO SUPLEMENTO REVISTA DO DIARIO DE PONTEVEDRA.

alicornio

O “ROTEIRO DAS MOURAS” NO DIARIO DE PONTEVEDRA

O pasado sábado 26 de outubro publicouse no Diario de Pontevedra un especial sobre os Roteiros Temáticos do Patrimonio Rural.

Velaí a referencia ó “Roteiro das Mouras”, un dos roteiros que deseñei para a posta en valor do patrimonio material e inmaterial da parroquia de Salcedo.

roteiros1Un dos treitos do Roteiro das Mouras que transita polas fragas do río do Batán serviu para ilustra-lo especial sobre os roteiros de Ponetevdra.

20131026P040

DESCARGA A NOTICIA EN PDF:

ROTEIRO DAS MOURAS (2)

roteiros2Na foto superior, contando a lenda da moura do Monte das Croas.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “ALICORNIO” NA CORUÑA

  O vindeiro sábado 9 ás 20h presentámo-lo libro “Alicornio” no local Portas Ártabras da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia. 

http://www.amigosmuseosgalicia.org/noticias.asp?idNoticia=384&tipo=2

cartaz alicornio a coruña

VIDEO DO CASTELO DE CERVEIRA: Na procura dunha fortaleza esquecida.

Hai uns días colgabamos no bog da Sociedade Antropolóxica Galega o video da nosa viaxe na procura do Castelo de Cerveira, unha fortaleza esquecida nos cumios das serras orientais de Galicia e unha das incógnitas máis fascinantes da arqueolxía galega. Achego hoxe neste blog ese noso video dividido en dúas partes.

1ª PARTE

2ª PARTE

A WEB GALICIA ENCANTADA: MÁXICO ESPELLO DO NOSO SER

ARTIGO PUBLICADO NO SUPLEMENTO “A FONDO” EDITADO CO XORNAL “SERMOS GALIZA” Nº71 DE DATA 31 DE OUTUBRO DE 2013

Páginas desdeA_Fondo_SERMOS GALIZA-2

Páginas desdeA_Fondo_SERMOS GALIZA

VERSIÓN EN PDF:

A web Galicia Encantada máxico, espello do noso ser. A FONDO

 

TEXTO DO ARTIGO:

A web Galicia Encantada: máxico espello do noso ser

A web Galicia Encantada é un proxecto fascinante e modélico cuxa función cultural e valor antropolóxico aínda non somos quen de valorar na súa xusta medida. Galicia Encantada é o referente para todos os que amamos o noso patrimonio inmaterial, e ser referente nun mundo global non é cousa doada. Algo que só se consegue con dedicación, rigor e amor polo que fas. Só alguén coa lucidez e o coñecemento do que se ten entre mans como Antonio Reigosa pode parir un proxecto coma este. Unha enciclopedia virtual da fantasía popular de Galicia que xa é un proxecto de todos nós, pois os contidos deste auténtico vademécum da nosa cultura inmaterial aliméntase do traballo desinteresado de moitos colaboradores. É unha obra coral perfectamente dirixida, onde os que así o desexan poden traballar por un obxectivo común: recoller, documentar e pór a disposición da cidadanía a inmensa riqueza da cultura inmaterial galega. Este funcionamento fai posible que un vello conto, un rito esquecido ou o ser mítico que mora nun penedo estean ao alcance de todos nós, para goce dos lectores, gloria do país e vergoña daqueles que tendo medios, cartos e obrigas non son quen de facelo.

Galicia Encantada é a untura dos mouros coa que ver máis aló do noso mundo material, é o Ciprianillo co que desencantar os tesouros da nosa literatura oral, o alicornio sandador da memoria, ouveo do lobishome nunha noite de mediocridade, a forza do Tronante golpeando as negras nubes que escurecen a dignificación do noso patrimonio. Non imaxino mellor espello dun país que aquel que reflicte o seu sentir máis fondo, que aquel que fala de como vemos e de como estamos no mundo, que nos conta como somos, que aquel espello puro e transparente coma as augas dunha fonte milagreira que nos devolve a nosa verdadeira imaxe, aquela reflectida na nosa cultura inmaterial, nas nosas lendas, nos nosos mitos, ritos e crenzas. Iso é Galicia Encantada, ese é o seu mérito, a súa nobre misión: ser o máxico espello da nosa alma como pobo.

 

Rafael Quintía Pereira

Antropólogo

A %d blogueros les gusta esto: