VIDEO DA VIAXE AO CASTRO GALÉS DE TRE`R CEIRI

A comezos de ano dende a SAGA comezamos unha investigación para entender e interpretar o fenómeno cultural galaico da Idade do Ferro e a súa expresión urbanística -os castros- dentro dun contexto atlántico menos reduccionista, dun amplo marco de referencia espacial, temporal e cultural que se manexa fundamentalmente nun ámbito antropolóxico. Este proxecto de longo percorrido estanos levando por diferentes rexións e paises europeos. Trataríase, en definitiva, de comprobar sobre o terreo até que punto esta cultura galaica  da Idade do Ferro formou parte dun proxecto ideolóxico atlántico, como se fragou e que rol puido ter desempeñado naquel contexto prehistórico.

DSC_0825

Cidade Morta dos Galegos

Buscamos, xa que logo, entender a cultura galaica da Idade do Ferro non como un fenómeno isolado, anecdótico e de rareza histórica, como se ten explicado -ou máis ben ideoloxicamente construído-, senón como un fenómeno equiparable ao acontecido na súa contorna europea e desarrollado dentro dun área cultural atlántica afin e a través dos procesos socioculturais normais da época.

Tendo en conta que esta cultura -mal chamada castrexa- se definiu en base fundamentalemnte ao rexistro material arqueolóxico -algo non só inxenuo senón inoperativo e absurdo dende un punto de vista cultural-, e tendo en conta que o hábitat dos castros se tomou como modelo definitorio deste construto ideolóxico lanzámonos a coñecer eses outros castros europeos coetáneos, co fin de comprobar persoalmente cales eran esas supostas diferencias tan claras sobre as que se substenta o artificio da cultura castrexa.

Tri ceiri 2 - copia

Neste pasado inverno viaxamos a gales e alí visitamos o castro de Tre´r Ceiri, un magnífico castro da Idae do Ferro construído na costa galesa e cunha metodoloxía, planificación e estética absolutamente “galaicos”.

Planta de Tre´r Ceiri vista pola SAGA.

Planta de Tre´r Ceiri vista pola SAGA.

Nesta ligazón do blog da Sociedade Antropolóxica Galega tendes unha ampla reportaxe sobre este lugar:

http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2013/11/10/viaxe-da-saga-a-cidade-dos-homes-fortes-os-acenos-galaicos-do-castro-gales-de-trer-ceiri/

No video que achegamos a este post pódese ver un fragmento desa viaxe á “cidade dos homes fortes”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: