• BENVIDOS Ó BLOG DE RAFA QUINTÍA

  • SOBRE O AUTOR

  • © Fotografías blog: Rafa Quintía

  • MARIÑA: DE DEUSA A SANTA

  • MONTE DAS CROAS: ANTROPOLOXÍA DUN CASTRO

  • ANÁLISE ESTRUTURAL E SIMBÓLICA DO MITO DA MOURA

  • LA HISTORIA DE GALICIA EN 50 LUGARES

  • USO SIMBÓLICO DO CUARZO NA CULTURA GALEGA. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos

  • PATRIMONIO INMATERIAL DE SAN MARTIÑO DE SALCEDO

  • ALICORNIO. O PODER DO CORNO DE UNICORNIO NA MEDICINA TRADICIONAL GALEGA

  • A NOSA SEÑORA DA LANZADA. Estudio antropológico de un santuario costero.

  • PARA CANTAR VEÑO EU! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos

  • DE VELLO, GAITEIRO! Biografía do grupo de música tradicional Os Chichisos

  • DEUSES, MITOS E RITOS DO MONTE DO SEIXO. Unha proposta interpretativa en clave céltica.

  • Á SOMBRA DE BOUZA PANDA. Poemario de trincheira e maldizer

  • MUÍÑOS, A MEMORIA DA AUGA.

  • Documental “SETE CAMIÑOS. ENCRUCILLADA DO TEMPO”

  • Documental “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”

  • Documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica”.

  • Curtametraxe documental “NOITE DE REIS COS CHICHISOS”

  • A PEDRA DO FUNDAMENTO

  • “FEITO NA CASA”

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº6

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº5

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº4

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº3

  • “FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Nº2

  • “FOL DE VELENO. Revista de Etnografía e Historia de Galiza”. Nº1

  • ALBIÓN GALAICA

  • “GALICIA ENCANTADA: O país das mil e unha marabillas”

  • “OS MOUROS E AS MOURAS: MÁXICOS ENIGMÁTICOS DA MITOLOXÍA POPULAR”. Actas das V Xornadas de literartura de tradición oral.

  • POEMARIO DOS GAFOS. Obra colectiva.

  • CATÁLOGO-GUÍA do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

  • AS PONTES DE PONTEVEDRA. Libro da exposición do mesmo nome. (Obra colectiva)

  • ATAS DAS JORNADAS DA LITERATURA GALAICO-PORTUGUESA 2012-2014

  • ACTAS DAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ACTAS DAS I XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

  • ENTRADAS POR ORDE CRONOLÓXICA

  • CONTADOR

    • 114,139 hits
  • Follow Á Sombra de Bouza Panda on WordPress.com

GOREE: VISITA Á ILLA DO HORROR. (Homenaxe a Nelson Mandela)

Onte morreu Nelson Mandela, nada podo dicir eu que non se teña dito xa, tan só agardar que estea xa vivindo en paz cos deuses na terra dos Bos e Xenerosos. A súa vida foi un exemplo de forza, coraxe e loita contra as inxustizas. A súa carreira política marcada pola honradez e o servizo ó seu pobo, algo por desgraza infrecuente neste mundo kilombo que nos toca vivir. Por unha vez na vida, e como se dun acto de xustiza suprema se tratase, Mandela morreu en paz, rodeado dos seus e coa satisfacción de ter cumprido o seu soño, ou cando menos en parte. Algo que non puideron dicir moitos loitadores pola liberdade e a xustiza que acabaron mortos en cunetas, enterrados en fosas sen nome ou podrecendo en terroríficas cárceres de medio mundo.

Onte morreu Mandela e eu lembreime dunha visita que fixen hai un tempo a un deses lugares atroces que adobían a paisaxe humana, unha desas xeografías do horror das que xa lles teño falado neste blog. (Véxase: https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2013/05/04/xeografias-do-horror-i-sachsenhausen/)

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Así que hoxe, en homenaxe a Nelson Mandela e á súa loita, fareilles partícipe da miña visita aquel desacougante lugar,  a illa Goree e a súa Casa dos escravos, en Senegal. A illa Goree atópase na costa senegalesa a uns tres quilómetros fronte a súa capital, Dakar. Hoxe en día é destino de milleiros de turistas e de moitos africanos e afroamericanos, entre outros, que peregrinan a este lugar na procura das súas orixes e para coñece-la barbarie que aquí tivo lugar.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A illa Goree foi entre o século XV e o XVIII foi o mercado de escravos para América máis importante de África. Descuberta polos portugueses en 1444 cedo se converteu en centro loxístico da trata de negros. A primeira casa de escravos foi construída polos portugueses en 1536. Despois virían holandeses, franceses ata que en 1848 Francia aboliu a escravitude.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Debido a este pasado tenebroso e ó papel que xogou este enclave na historia de trata de seres humanos a illad e Goree foi declarada  Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1978.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Resulta un paradoxo ou unha broma macabra pensar que moitos deses millóns de escravos foron capturados por outros pobos africanos que atopaban na trata de escravos un lucrativo negocio,  ademais de dar saída a rivalidades tribais. Un feito este último que aproveitaban os colonos e traficantes europeos para incentivar este tipo de cacerías humanas.

666px-Slaves_in_Ethiopia_-_19th_century
“Escravos en Etiopía”. Lámina do século XIX. Fonte:http://commons.wikimedia.org

Hoxe a Casa dos escravos de Goree —construída en 1776 polos holandeses— e Patrimonio da Humanidade e foi convertida nun museo para que todos poidamos coñecer a barbarie da escravitude e o que aquí aconteceu.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Igual que sucede en moitos outros lugares similares, onde a tortura, a  morte e a maldade imperaron por tempo, cando un visita a Casa dos escravos ten a sensación de que algo denso e maligno aínda mora entre esas paredes.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Malia a beleza e a luminosidade da contorna e da propia illa, percorrer aqueles corredores escuros, adentrarse naquelas celas húmidas e diminutas é como viaxar no tempo. Unha viaxe a un tempo onde os escravos eran considerados meros obxectos cos que traficar e lucrarse, a un tempo onde a cor da pel marcaba a diferenza entre un home e un animal.

501px-The_Kneeling_Slave,_'Am_I_not_a_man_and_a_brother '

“The Kneeling Slave, ‘Am I not a man and a brother? Fonte:http://commons.wikimedia.org

Os homes e mulleres  eran seleccionados e taxados en base á súa fortaleza física, á súa dentadura e ó seu corpo. As mulleres adoitaban valor máis, pois ademais de poder ser usadas para satisfacción sexual dos seus amos eran consideradas máquinas de produción de máis escravos.

024debret

“Escravitude no Brasil”, de Jean-Baptiste Debret (1768-1848). Fonte:http://commons.wikimedia.org

494px-Anuncio

Anuncio publicado na prensa cubana de La Habana, en 1839.Fonte:http://commons.wikimedia.org

Lembro o calafrío no espiñazo cando me metín na diminuta cela de castigo localizada baixo aquela ampla escalinata na que se exhibían os escravos e se realizaba a súa poxa. Lembro aqueles calabozos onde separaban ós escravos por sexo: mulleres para un lado, homes para outro e nenos para outra cela, tal e como douscentos anos despois fixeran os nazis nos seus campos de exterminio.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Lembro con horror o cuarto de engorde onde metían a aqueles escravos que non daban o peso adecuado para soportar a viaxe e estimado naquel tempo en 60 kg.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

E lembro sobre todo a sensación de horror que puideron sentir os perto de vinte millóns de escravos —segundo algunhas estimacións— que percorreron aqueles último metros que os separaban da Porta do non retorno onde, fondeado na mar, agardaba o buque que coma se de gando se tratase os levaría ás afastadas terras americanas, iso se sobrevivían ás inhumanas condicións da viaxe.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Percorrín a fermosa illa Goree, gocei da súa paisaxe, da súa comida, das súas xentes sempre hospitalarias, do seu colorido.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Vin os nenos correr e xogar polas rúas, polas praias, sentín a calor do sorriso eterno dos seus habitantes.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Mais, en ningún momento,  puiden tirar do meu ser a sensación asfixiante que quen tivo estado no epicentro da maldade.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Ó final do día embarquei no ferry de volta a Dakar e intentei imaxina-lo que puideron sentir os millóns de africanos que partiron dende alí para non volver xamais, pero é imposible imaxina-lo que eles puideron sentir, pois incluso a última visión da súa terra se lles negou, encadeados e amoreados baixo a cuberta dun barco como simple mercancía humana.

499px-SlaveshipplanAlamcenaxe de escravos nos barcos británicos segundo o estipulado na acta de comercio do ano 1788. Fonte:http://commons.wikimedia.org

Vin afastarse a silueta  da illa de Goree no horizonte mentres o ferry deixaba na mar unha estela de espuma que antano foi da sangue dos escravos enfermos ou mortos que foron botados pola borda para ser devorados polos tabeiróns que pastan nestas augas atlánticas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Hoxe en día os barcos xa non parten da illa Goree cargados de escravos, agora chegan con turistas mentres os nenos xogan no porto a coller no fondo da auga as moedas que lles botan os visitantes dende a cuberta do ferry.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Xa nos hai escravos en Goree máis os ecos da escravitude aínda se escoitan polas súas estreitas rúas de area clara, e o xugo e as implacables cadeas da escravitude permanecen vivas, hoxe como onte, en moitos países da Terra.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O colonialismo dos estado-nacións europeos hai anos que desapareceu. En troques un novo colonialismo económico comandado por grandes corporacións empresariais e financeiras substituíu ós estados no seu apetito depredador dos recursos alleos. Millóns de nenos son aínda hoxe vendidos como mera mercancía ou obrigados a traballar ata a extenuación por amos que os posúen como escravos ou por un sistema capitalista salvaxe e inhumano que cosifica as persoas sen compaixón. O mesmo ocorre cos homes e mulleres cuxa vida se reduce a traballar todo o día por un mísero prato de comida e unha choza de cartón e  chapa onde cobizarse.  Son os novos escravos.

Slave_boat1869Abordaxe dun barco escravista árabe interceptadopola Royal Navy en 1869. Fonte:http://commons.wikimedia.org

Xa non é necesario exportalos dende a illa Goree ata as plantación de América, agora é o propio capital o que se despraza ata o lugar de orixe dos novos escravos dos século XXI para explotalos e sometelos no seu lugar de orixe. Cambian as formas máis o fondo permanece, espetándonos impune a mísera condición humana, capaz de facernos escravizar os nosos conxéneres por un puñado de moedas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Nelson Mandela loitou por un soño, unha Sudáfrica democrática e sen discriminación racial, onde os negros e os brancos puidesen vivir xuntos e en igualdade. Logrou derrota-lo réxime salvaxe do Apartheid e outorgarlle ós negros os mesmos dereitos  que  tiñan os brancos, pero as direnzas socias e económicas aínda subsisten nunha África sempre convulsa. Mandela soñou  cun mundo de igualdade onde a raza non fose motivo de discriminación pero iso era só un soño e a vida, moi a miúdo, é máis un pesadelo que un doce soño, e a raza, a relixión, o sexo, a condición social ou económica seguen a ser motivo de discriminación, exclusión e estigmatización en todo o mundo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Mandela tivo un soño, como tamén tiveron Martin Luther King ou Gandi, e malia que moitas veces os soños non se cumpran e mesmo se convertan en pesadelos só soñando se poderá algún día cambiar este mundo e aínda que só sexa por sentírmonos vivos e actores do noso tempo… miremos ó futuro cos ollos postos no pasado e soñemos!!

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Dedicado a Nelson Mandela in memoriam.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: