PRESENTACIÓN DO LIBRO “ALICORNIO” EN FOZ

Despois do parón de comezo de ano regresamos coa nosa particular xira de presentacións do libro “Alciornio”. Desta volta estaremos en Foz, grazas aos amigos de Mariña Patrimonio que tiveron a ben convidarme a facer este acto. Dende aquí o meu agradecemento a Mariña Patrimonio que, dito sexa de paso, é unha das organizacións socioculturais do país máis activas e que máis está facendo a prol da divulgación e da conservación do noso patrimonio. A presentación será este sábado 15 de febreiro ás 19h no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA). Alí nos vemos.

WEB DE MARIÑA PATRIMONIO:

http://mrpatrimonio.blogspot.com.es/

alicornio mp1

%d bloggers like this: