PRESENTACIÓN DO LIBRO “ALICORNIO” EN FOZ
Despois do parón de comezo de ano regresamos coa nosa particular xira de presentacións do libro “Alciornio”. Desta volta estaremos en Foz, grazas aos amigos de Mariña Patrimonio que tiveron a ben convidarme a facer este acto. Dende aquí o meu agradecemento a Mariña Patrimonio que, dito sexa de paso, é unha das organizacións socioculturais do país máis activas e que máis está facendo a prol da divulgación e da conservación do noso patrimonio. A presentación será este sábado 15 de febreiro ás 19h no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA). Alí nos vemos.
WEB DE MARIÑA PATRIMONIO:
Posted on 13 Febreiro 2014, in 07. PRESENTACIÓNS, CHARLAS E CONFERENCIAS. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0